Recordamos o Día Internacional da Muller, 8 de marzo, con distintas actividades. Os días anteriores a Biblioteca preparou unha exposición sobre mulleres importantes na historia en diferentes campos : matemáticas, astronomía, física, filosofía, etc. empregamos para a mesma unha serie de carteis enviados pola Xunta de Galicia.
Un grupo de alumn@s de 2º de bachiller e profesoras fixeron pancartas con lemas relacionados con este evento e lazos morados para a comunidade escolar:
Na pantalla da entrada do Edificio 1 proxectamos vídeos sobre igualdade, enviados pola Xunta de Galicia e outras institucións: Ministerio de Educación, Centros escolares, etc.
O día 8 de marzo fixemos unha concentración na entrada do IES a favor da igualdade de xénero, durante a mesma lemos un manifesto sobre as peticións dos diferentes colectivos neste día (sindicatos, partidos políticos, asociacións feministas, etc.)
Ningún comentario:
Publicar un comentario