O alumnado dos Clubs de lectura de 2º de bacharelato reuniuse nunha sesión conxunta con xantar incluído para comentar o seguimento da novela Beleza vermella de Arantza Portabales. É un texto que podemos encadrar dentro da novela negra que gustou moito a aquelas que remataron de ler e está a crear grande expectativa entre os que aínda non remataron.
Agardamos seguir con estas sesións tan produtivas e poder coñecer a autora para que nos descubra algúns dos segredos da novela e que vai ser de Abad e Barroso.
Amosando publicacións coa etiqueta BIBLIOTECA. b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta BIBLIOTECA. b>. Amosar todas as publicacións
Rede solidaria da mocidade
O IES de Vilalonga está integrado na ONG Entreculturas,desde o curso pasado e dende o 20 de outubro de 2018 temos unha exposición da mesma no Centro. Esta organización quere mobilizar aos xóvenes para levar a cabo: entontros na rede, obradoiros de sensibilización e xogos. Cada ano máis de 2000 mozos /as e máis de 200 profesores participan na rede solidaria. Persiguen múltiples obxectivos como son: Campaña mundial pola educación, menores soldado, igualdade ou pobreza cero.
Entreculturas é unha fundación para a educación e o desemvolvemento dos pobos: Moita xente pequena en lugares paquenos facendo cousas pequenos pode cambiar a faciana da Terra.
VÉN A VELA!!
OLA!!!! BENVIDOS AO CURSO 2018/19
O profesorado leva aquí desde o 1
de setembro pero, vós chegastes o luns 17. O equipo da Biblioteca e a Comunidade
escolar quere darvos a benvida ao novo curso, desexándovos que veña cheo de
novas experiencias, novas aprendizaxes, boas vivencias, etc. Se xorde calquera
dúbida ou problema vinde onda nós e preguntade ou contade as vosas inquedanzas.
A
BIBLIOTECA abrirá o luns día 24 de setembro.
Está
chea de libros, banda deseñada, películas, xogos, etc.
Visitádenos!!!!!!!!
FIN DE CURSO 2017-2018
O 21 de xuño rematou o curso 2017/18, para despedirnos fixemos un festival ó que invitamos a escritora Tamara Andrés que nos deleitou cun espectáculo de poesía e imaxe.
Repartimos os premios dos concursos no que participou o noso alumnado: Certame literario "Hora de escribir" , Concurso de adhesivos e de banda deseñada. Rematou a festa con música no patio para todos.
Gañadores da Hora de escribir:
- - 1º premio: Manuel Arnoso Dovalo (3º ESO A)
- 2º premio: Natalia Díaz Padín (1º ESO C)
- 3º premio: Zaira Muñiz Míguez (3º ESO B)
Sara Sánchez Fernández (2º ESO C) - Gañadores do Certame literario do Instituto de Baltar (Sanxenxo) :
- Categoría A:
- Santiago Reinal Giménez (1º bach. B)
- Iria Guiance Piñeiro (1º bach. D)
- Noa Méndez Piñeiro (1º bach. C)
- Saray Lorenzo García (1º bach. C)
- María Villanueva Agís (1º bach. B)
- Gabriel Mosquera Riande (bach. A)
- David Chan Radío (1º bach. D)
- Manuel Otero Portas (1º bach.C)
- Walda González Piñeiro (1º bach. C)
Categoría C:
- Lucía Villanueva Parada
- Samar Rodríguez Costas
- Nuria Carballa Silva - Concurso de adhesivos organizado por Normalización Lingüística:
- Finalistas: Sara Garrido
Iván Sanmartín
- 2º Ciclo da ESO:
- Andrea Ara Solla
- Natalia Revuelta Medina
- Concurso de Banda deseñada (Revista Enormic Banda):
- María Weiss (3º ESO A)
PARABÉNS A TODOS/AS
Ata setembro!!!!!!!!!!!!
Letras Galega 2018
Premio Cervantes - 2017
O
nicaraguano Sergio Ramírez foi galardoado o 23 de abril de 2018 co Premio Cervantes 2017, o que lle converte no primeiro escritor centroamericano recoñecido con este galardón. O fallo do xurado feito público polo ministro de Educación, Cultura e Deporte de España, Íñigo Méndez de Vigo, resaltou que Ramírez (1942) foi galardoado por reflectir na súa literatura "a viveza da vida cotiá, convertendo a realidade nunha obra de arte".
Dotado con 125.000 euros (147.500 dólares), esta edición do premio volveu a cumprir a lei non escrita que reparte o galardón de forma alternativa entre Latinoamérica e España.
Doutor en
Dereito pola Universidade Nacional Autónoma de Nicaragua, Ramírez é autor dunha
prolífica obra na que cultivou numerosos xéneros, desde contos como O reino
animal ou Perdón e esquecemento a novelas como Sombras nada máis, Mil e unha
mortes, Sara ou Margarita, está linda a mar, pola que en 1998
recibiu o Premio Alfaguara e o Casa das Américas.
O país, (23/04/2018)
8 de marzo Día da Muller
Recordamos o Día Internacional da Muller, 8 de marzo, con distintas actividades. Os días anteriores a Biblioteca preparou unha exposición sobre mulleres importantes na historia en diferentes campos : matemáticas, astronomía, física, filosofía, etc. empregamos para a mesma unha serie de carteis enviados pola Xunta de Galicia.
Un grupo de alumn@s de 2º de bachiller e profesoras fixeron pancartas con lemas relacionados con este evento e lazos morados para a comunidade escolar:
Na pantalla da entrada do Edificio 1 proxectamos vídeos sobre igualdade, enviados pola Xunta de Galicia e outras institucións: Ministerio de Educación, Centros escolares, etc.
O día 8 de marzo fixemos unha concentración na entrada do IES a favor da igualdade de xénero, durante a mesma lemos un manifesto sobre as peticións dos diferentes colectivos neste día (sindicatos, partidos políticos, asociacións feministas, etc.)
Exposición de fotografías curso 2016/17
Como todos os anos empezamos o curso cunha exposición de fotografías das actividades organizadas pola biblioteca e a EDLG, e destas con distintos seminarios e coa subdirección, o curso anterior: exposicións, conferencias, obradoiros, saídas didácticas, encontros con escritores, etc. O alumnado pode así recordar e verse reflectido nas mesmas.
ESPERAMOS QUE VOS GUSTE!!!!!!!!
XXXIV edición dos Premios Xerais 2017
Santiago
Lopo, María Canosa e Manuel Lourenzo fixéronse cos Premios Xerais 2017 nun acto celebrado na illa de San
Simón, na ría de Vigo. A XXXIV edición do Premio Merlín de Literatura Infantil,
dotado con 10.000 euros, recaeu en María Canosa (Cee, 1978) con Muriel, que foi
elixida polos membros do xurado entre 35 obras.
Canosa
é licenciada en Enxeñería de Camiños, Canles e Portos aínda que leva moito anos
dedicándose á literatura. Columnista e colaboradora en varios medios de
comunicación, conta cunha ampla obra de narrativa infantil e xuvenil. Muriel
naceu, segundo a súa propia autora, de "a necesidade de dar voz á simpleza
e complexidade simultánea de espir os sentimentos" a través dunha historia
na que "a amizade e unha simple botella de leite" une aos
protagonistas que pasan polas páxinas deste libro.
O catedrático de Lingua Galega Manuel Lourenzo (Vilaboa, 1955) recibiu o
Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil na súa novena edición pola súa obra
Ceiba de luz. Lourenzo publicou a súa primeira obra en 1991 e ao longo destes
anos recibiu numerosos galardóns como o Premio Carvalho Calero, o Premio Café
Dublín, o Merlín ou o Branco Amor de Novela.
Por
último, o xurado da XXXIV edición do Premio Xerais de Novela --dotado, do mesmo
xeito que os outros dous galardóns con 10.000 euros-- seleccionou a obra A arte
de trobar do profesor de francés Santiago Lopo. Lopo (Vigo, 1974) iniciouse na
literatura coa tradución de guións cinematográficos en inglés para televisión.
Tras isto, publicou na revísta Unión Libre e xa escribiu un total de cinco
novelas -Game Over, Peaxes, Hora Zulú, A diagonal dúas tolos e A voz das
Nereidas-. A novela A arte de trobar ambiéntase no século XIII e ten o Camiño
de Santiago como fío condutor.
https://elpais.com › Galicia

Novo curso 2017/2018
A biblioteca do IES Vilalonga davos a benvida ao curso 2017/2018.
Que todos teñades un bo curso!
O equipo da biblioteca axudaremos no que poidamos.
Reflexión de fin de curso para os pais e nais.
Estes días de fin de curso son moi duros para o noso alumnado (e tamén para o profesorado). De aí que o máis normal é que os docentes nos atopemos con distintos choros e desgustos varios nas clases en relación coas notas finais. Algúns son simples rabietas por un punto máis na nota, pero outros obedecen a unha presión á que, sen querer, sometemos o noso alumnado, ben como pais, ben como docentes. Por iso, é importante que algúns lean esta carta que circula pola rede estes días para reflexionar sobre o asunto.

Recollida solidaria de tapóns para Nahir
Solidarizándonos con Nahir (unha nena de 5 anos con parálise cerebral infantil con tetraparesia discinética) e a súa familia imos participar na recollida de tapóns de plástico para axudar a esta nena a acceder a un tratamento que melloraría a súa calidade de vida.
O contedor está no vestíbulo do instituto ao lado de conserxería e se vos interesa podedes saber algo máis acerca do seu problema pinchando neste enlace .
Darío Fo, miles de persoas choran a súa morte en Milán.
Fo faleceu o
pasado mércores no hospital de Milán, onde se encontraba ingresado desde facía
uns días por problemas respiratorios, e deixou escrito cómo quería o seu
funeral: que soase a canción Stringimi forte i polsi
dentro le mani tue que escribió para Franca Rame (a súa muller).
Darío Fo
Estudou
pintura e arquitectura na Academia de Belas Artes de Brera en Milán onde comezou a súa
carreira teatral como actor e escritor de obras teatrais satíricas. En 1954 casouse coa actriz Franca Rame, con quen fundou en 1959 a compañía teatral «Dario Fo - Franca
Rame» na que montaron numerosos espectáculos na liña da Comedia da arte (Commedia dell'Arte), froito dese
matrimonio naceu o seu fillo Jacopo, tamén actor, escritor y dramaturgo.
Situado no
entorno da esquerda política italiana, Fo escribiu ácidas sátiras políticas
arremetendo sen piedade contra o poder político, o capitalismo, a mafia e o Vaticano.
Entre
as súas obras máis coñecidas se citan Morte accidental dun anarquista(1970) e aquí non paga ninguén (1974).
En 1997
recibiu o Premio Nobel de Literatura. En 2002 publicou a súa autobiografía: O país dos morcegos.
Ata sempre, a túa obra seguirá entreténdonos!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)






















