Amosando publicacións coa etiqueta música galega. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta música galega. Amosar todas as publicacións

Acorda. Cartografía musical da memoria histórica de Pontevedra

 O mércores 12 de abril o alumnado de 4º da ESO puido ver o documental "Acorda. Cartografía musical da memoria histórica de Pontevedra", no que se mostran os diferentes lugares relacionados coa represión franquista na provincia de Pontevedra. Os testemuños de familias e  asociacións aparecen aquí acompañados das voces de diferentes artistas musicais de Galicia. Todo para dar luz ao ocorrido e traer un pouco de xustiza e reparación.


Como complemento inaugurouse tamén esta semana a exposición do mesmo nome, que estará no centro ata o 24 de abril.







Exposición CantáMOLA en galego

O servizo de Normalización Lingüística do Concello de Pontevedra fíxonos un préstamo a exposición "CAntáMOLA en galego" que percorre o panorama musical en galego dentro e fóra de Pontevedra nas dúas primeiras décadas deste século. Con formato multimedia, a mostra busca conectar a inmensa variedade de estilos musicais con cadanseu público, especialmente co mozo.

O alumnado do centro visitou os diferentes paneis, accedeu ás listaxes de reprodución en Spotify e Youtube a través de códigos QR e a unha unidade didáctica. Grazas a todo este material puidemos achegarnos a moi diferentes estilos e artistas do noso panorama musical.






REVISTA DE ROCK GALEGO

Se o que che gusta é o rock aquí tes unha nova publicación para estar ao día

do que se move no panorama galego

https://roucoson.com/


Letras Galega 2018



O luns día 28 fixemos no Centro unha actividade co gallo do 17 de maio. O alumnado de 2º da ESO leu pequenos textos dos libros de Mª Victoria Moreno, preparounos con eles a profesora de Lingua e Literatura galega Salomé Díaz. O profesor de Música Juan Andrés Ventoso preparou cos seus alumnos de 4º da ESO unha canción relacionado con este acto.


Concurso de HASHTAGS do Concello de Sanxenxo

A Concellería de Cultura convoca un concurso de 'hashtags' para promocionar o "II Concerto pola Lingua"

O departamento de Cultura acaba de poñer en marcha un concurso de hashtags co obxetivo de fomentar e dinamizar o uso da lingua galega entre os rapaces  e promocionar o"II  Concerto pola Lingua", organizado polo Concello de Sanxenxo e que terá lugar en Portonovo o próximo 16 de setembro e contará coa presenza de dous grupos galegos PELEPAU e RUXE RUXE.



Esta iniciativa está orientada ó alumnado da ESO, bacharelato e ciclos formativos matriculados nos centros educativos do municipio que deberán entregar o seu hashtag ó profesorado do Equipo de Dinamización da Lingua Galega no centro no que estea matriculado. O hashtags deberán estar en galego e non poderán conter estereotipos sexistas.

O premio é unha tableta Samsung Galaxy Tab A 10"
O prazo de entrega finaliza é o día 14 de xuño.

"Cedeira" de Guadi Galego



Tema incluído no novo disco de GUADI GALEGO “O MUNDO ESTÁ PARADO” 

 “CEDEIRA”


Os egos da revolución visten roupa cinguida,
escalas en modo maior copan todos os shows.
Describen un mundo invisible partido por catro,
prometen que os demos e os anxos son da mesma cor.
Aquí o reduto é diverso, non hai etiquetas;
se cadra, diría Pedreira, o da xubilación,
poder deitarse e deixar que a vida te agache,
e nós en silencio escoitando este noso son.
Imos tan xuntiñas pola beira da canción,
prenden candeas, rompen as ondas.
Imos devagar paseando en plural,
calma e serena que medre a area e o mar.
O norte equipara a beleza coa melancolía
o norte é poema en si mesmo, é perfume e canción.
Que poidas cantar ou lembrar esta suave habaneira,
na praia de Rinlo, en Cuba, ou mesmo en Cedeira.
Deixarse levar pola luz que desmonta as ideas,
tratar polo miúdo as cadeas, pensar que ser libre e ser máis.
Vivir asubiando amodiño a nosa habaneira,
deixarse levar pola luz que desmonta as ideas,
que poidas cantar ou lembrar esta suave habaneira....

O noso adeus a NARF

O mundo musical galego está de loito pola temperá morte do músico Narf, Francisco Pérez, compositor e músico nacido en Santiago en 1968. Publicou tres discos baixo o nome artístico de NARF: Aló irmao, Totem, Narf directo en Compostela. 

Foi compositor tamén de máis dunha trintena de bandas sonoras para producións teatrais de Galicia e Portugal, destacan composicións para o CDG, como Salomé, A boa persoa de Sezuán. Colaborou co guineano Manecas Costa e acadou moito éxito no mundo lusófono africano co seu primeiro disco, que foi número un no TOP TEN da RTP ÁFRICA.




Resultado de imagen de fotos de baladas da galicia imaxinaria

Actualmente estaba a desenvolver una xira con Uxía Senlle co seu disco "Baladas da Galiza imaxinaria"