O servizo de Normalización Lingüística do Concello de Pontevedra fíxonos un préstamo a exposición "CAntáMOLA en galego" que percorre o panorama musical en galego dentro e fóra de Pontevedra nas dúas primeiras décadas deste século. Con formato multimedia, a mostra busca conectar a inmensa variedade de estilos musicais con cadanseu público, especialmente co mozo.
O alumnado do centro visitou os diferentes paneis, accedeu ás listaxes de reprodución en Spotify e Youtube a través de códigos QR e a unha unidade didáctica. Grazas a todo este material puidemos achegarnos a moi diferentes estilos e artistas do noso panorama musical.
Ningún comentario:
Publicar un comentario