A 40ª conferencia xeral da UNESCO proclamou o día 14 de marzo de cada ano como o Día Internacional das Matemáticas. En moitos países o 14 de marzo víñase celebrando como o Día de Pi ( a idea de dedicarlle o 14 de marzo a Pi ocorréuselle a Larry Shaw, físico estadounidense, en 1988 porque na notación anglosaxona esa data escríbese coas tres primeiras cifras do número Pi: 3 e 14. A resolución da UNESCO consolida o recoñecemento actual ás matemáticas polo seu importante papel para facer fronte aos desafíos do noso tempo en ámbitos como a intelixencia artificial , a saúde, a enerxía e o desenvolvemento sostible e a mellora da calidade de vida da sociedade en xeral.
Pero que é o número π?, por que é tan importante?, por que se utiliza a letra grega π?
Xa na antigüidade, coñecían as fórmulas para calcular o perímetro do cadrado, do rectángulo, do triángulo, etc, pero non sabían como calcular o perímetro dun círculo de radio r. Esta non era unha cuestión sen importancia xa que o cálculo de áreas é moi importante para a agricultura, a arquitectura, a construción de camiños e pontes…
Precisamente a resposta para calcular o perímetro da circunferencia é π.
O alumnado de 1º da ESO coa súa profesora de matemáticas Estela Prol levaron a cabo un traballo para celebrar este Día no que intentaron calcular unha aproximación de π
Ningún comentario:
Publicar un comentario