Día Internacional dos Museos.


Día Internacional dos Museos: «Museos pola igualdade: diversidade e inclusión» é o tema para a edición de 2020 que se celebra o 18 de maio. A pesar da actual situación de pandemia, celebrarase mediante a organización de actividades dixitais e en liña.

Este encontro internacional ten como obxectivo reflexionar desde os museos sobre a diversidade de perspectivas que conforman as comunidades e o persoal dos museos e ofrecer ferramentas para superar os prexuízos no que os museos contan e mostran.

O Museo da  BNE organizou diferentes exposicións e actividades nas que se mostraron realidades diversas a través do  riquísimo patrimonio que se conserva na Biblioteca Nacional de España.

Para esta ocasión seleccionouse a exposición virtual "Mans con voz propia: cincocentos anos de lingua de signos"  na que se fai un percorrido que se inicia co primeiro manuscrito conservado sobre os primeiros intentos de educación das persoas xordas: o Tratado legal sobre os mudos de  Laso, datado en 1550, ata a actualidade, prestando unha especial atención aos fondos conservados datados no século  XIX.
Dende o centro tamén quixemos colaborar e a 
profesora de Lingua e Literatura castelá Fátima Barreiro  ademais de animar ao alumnado a visitar a exposición virtual "Manos con voz propia: quinientos años de lengua de signos", pedíuselle que elaboraran un vídeo presentándose en LSE. Aquí temos dúas mostras do ben que o sabe facer o noso alumnado.                                                                                                   

 


Laura Esperante de 1° de Bach A.
 



 Sabes que di a compañeira?

Alba García, de 1° de Bach B 


 Aquí vos deixo a dirección da páxina da BNE para que ampliedes a información: http://www.bne.es/es/AreaPrensa/noticias2020/0514-el-museo-bne-en-dia-internacional-de-los-museos.html

Durante: LETRAS GALEGAS 2020 - RICARDO CARVALHO CALERO NA NOSA BIBLIOTECA

Aínda que sabemos que non son tempos de poder achegarnos á Biblioteca do IES de Vilalonga, debedes saber que para cando poidamos volver aos nosos andeis, alí vos está agardando este atractivo libriño para achegarvos a Ricardo Carvalho Calero, unha persoa das nosas letras á que lle debemos moito polo seu compromiso, o seu traballo e sobre todo o seu amor á lingua e á literatura galega.


FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS!
FELIZ ANO CARVALHO CALERO!


Durante: LETRAS GALEGAS 2020 - PARTICIPA EN DIVERSAS INICIATIVAS ARREDOR DO NOSO AUTOR: RICARDO CARVALHO CALERO

Coordinadora territorial dos EDLG de Pontevedra convídanos a participar en diversas iniciativas arredor do autor homenaxeado este ano no Día das Letras galegas, Ricardo Carvalho Calero.




Durante: LETRAS GALEGAS 2020 - COÑECEMOS A CARVALHO CALERO

Achegámonos ao 17 de maio, Día das Letras Galegas, e dende a Coordinadora territorial dos EDLG de Pontevedra ofrécennos unha serie de enlaces e recursos para achegarnos á figura do autor homenaxeado este ano, Ricardo Carvalho Calero.
Xa non tedes escusa para non achegarvos á figura de RICARDO CARVALHO CALERO!

Durante: LETRAS GALEGAS 2020 - ABECEDARIO CARVALHO CALERO


DÍA DAS LETRAS - 2020

RICARDO CARBALLO CALERO



    Ricardo Cavalho Calero é o autor homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas e, para que vos acheguedes á súa vida e á súa obra, aquí tendes este abecedario que podedes completar moi facilmente con información que atoparedes na Rede.



    O Equipo de Dinamización da Lingua Galega, o Departamento de Lingua Galega e Literatura e a Biblioteca outorgarán diplomas ó alumnado que envíe antes todas as respostas correctas ó seu profesor ou profesora de Lingua Galega e Literatura.



 Concederanse  tres diplomas por cada categoría:

             - 1º e 2º de ESO     
             - 3º e 4º de ESO
             - Outros cursos         
            

DÍA DAS LETRAS  GALEGAS 2020    
 ABECEDARIO  RICARDO CARVALHO CALERO
(1910-1990)

A. Así está o “silenzo” no seu poemario de 1934: __________________

B. Editorial compostelá que publlica a súa primeira novela en 1951: __________________________

C. Apelido co que asina desde 1981: ______________

D. Apelido nun dos seus pseudónimos: ____________________

E. Autor sobre o que publica un ensaio en 1965: __________________

F. Lugar de nacemento: __________________

G. Revista literaria na que colabora: ___________

H. Obra moi importante para o estudo da nosa literatura: ___________________________________

I. Peza teatral publicada en 1982: ______________

L. Editorial que publicou As pitas baixo a chuvia : __________

M. Cidade na que o sorprende o inicio da guerra civil: _________________

N. Xénero ó que pertence A xente da Barreira: _______________

O. Escritor que resposta o seu discurso de ingreso na Real Academia Galega: _____________________

P. Institución galega que adquiriu a súa biblioteca persoal: _____________________

Q. Pseudónimo que remata con esta letra: _____________

R. Corrente lingüística da que é considerado ideólogo. ___________________

S. Novela publicada en 1987: __________________

T. Poemario en castelán publicado en 1928: _______________

U. Institución na que exerce como primeiro catedrático de Lingua e Literatura Galegas: ____________

V. Poemario de 1931: __________

X. Localidade en cuxo cárcere cumpre condena acusado de separatista: _________

Z. Segunda palabra que forma parte dun pseudónimo: _______________




Durante: un libro é unha boa compaña.


Durante estes días de confinamento recorda que un libro é luz e dá cor.
Anímate!!! Soña, viaxa e vive a través da lectura.

Biblioteca do IES de Vilalonga.EDLG 

Durante: Día Internacional do Libro.

A profesora de Lingua e Literatura castelá Pilar López Fernández fixo unha actividade, con motivo do Día do Libro, co seu alumnado de 1º e 2ºB da ESO.
Tiñan que recrear a portada dun libro que lles gustase moito.
Quedoulles moi chulo. O IES de Vilalonga ten artistas.
Xulga ti mesmo.

" O verbo ler, como o verbo amar e o verbo soñar, non soporta o imperativo" 
Jorge Luís Borges

Durante: 1 de maio. Día Internacional do Traballador.





O 1 de maio de cada ano conmemórase o Día Internacional do Traballador, pero Cal é a orixe desta celebración? O Primeiro de Maio prodúcese o mesmo ritual de todas as organizacións sindicais do país que saen á rúa para celebrar a festa do Traballo.
Este ano, debido á pandemia da  Covid-19, non van verse as tradicionais marchas multitudinarias nas capitais españolas e as  reivindicacións serán virtuais co lema “Traballo e servizos públicos. Outro modelo social e económico é posible”,
Durante o século  XIX, unha das épocas de maior progreso industrial e económico, producíronse tamén os maiores abusos no mundo laboral.Os traballadores daquela época sufrían xornadas laborables interminables con quendas ata de catorce horas ou máis. Por iso a xornada de oito horas converteuse nunha das principais demandas do movemento obreiro en todos os países.
Estas demandas foron as que produciron os incidentes de  Haymarket, en 1886, cando en Chicago  se producíron enfrontamentos entre a policía e os manifestantes que se concentraban pacificamente e un descoñecido lanzou unha bomba contra eles. O movemento estaba liderado por Albert  Pearsons xunto a máis de 80 mil traballadores e foi cualificado como indignante e  irrespetuoso polas autoridades do país. O conflito estendeuse por todas as cidades e máis de 400.000 obreiros pararon Estados Unidos con máis de 5.000 folgas compaxinadas. O 21 de xuño celebrouse un xuízo a 31 obreiros acusados de promover o conflito e foron condenados a cadea perpetua, a traballos forzados e a morrer 5 deles na forca. Estes convertéronse nos  Mártires de Chicago e no seu recordo se conmemora o 1 de maio como o día internacional do traballador.

 Manel Mansilla. Periodista