Claro exemplo de que case sempre se cumpre o dito de que quen quere, pode, sexa cal sexa a etapa da vida na que unha se atope, son as alumnas exemplares da Oferta Modular da Empresa. Foi unha experiencia gratificante para o profesorado traballar cun grupo tan motivado, do cal dúas das alumnas dependen xa só das prácticas de setembro para graduarse.
MOTIVACIÓN, ESFORZO, SUPERACIÓN E ÉXITO, CLAVES DAS NOSAS ALUMNAS EXEMPLARES DA OFERTA MODULAR DA EMPRESA
SOMOS XENTE DE RADIO!!
O pasado día 10 continuamos dándolle forma ao noso proxecto de radio no centtro, neste caso con formación a cargo de Luis Pardo para que o alumnado saiba empregar as técnicas necesarias para ser grandes locutores/as.
LIBRO DIXITAL DO PROXECTO LENDAS DE AQUÍ E DE ACOLÁ
Como resultado do proxecto Lendas de aquí e de acolá, que este ano realizou o alumnado de Francés de 1º de bacharelato en colaboración co alumnado do curso de Iniciación ao galego niveis 1 e 2 da Universidade da Sorbonne Nouvelle (Centro de Estudos Galegos), presentamos o libro dixital coas versións bilingües das lendas en galego e en francés procedentes de diferentes culturas.
Para ver o resultado final preme na ligazón:
https://www.calameo.com/books/0070998395d83f2eb3f30
Roteiro interdisciplinar en Sanxenxo
Ao largo do curso 2021-2022 formouse un
grupo de traballo no IES de Vilalonga chamado "Roteiro matemático" a
súa coordinadora foi a profesora de matemáticas Estela Prol. Participaron no
mesmo profesores de diversas materias. O resultado dese traballo que unía o uso
das TICs coa posta en práctica dos coñecementos teóricos impartidos nas aulas
foron dúas saídas a Sanxenxo:
Os días 13 e 15 de xuño varios seminarios do IES de
Vilalonga fixeron un roteiro polo paseo de Silgar en Sanxenxo. O obxectivo era
levar a clase a realidade da contorna. Participaron os seminarios de
matemáticas, plástica, física e química e xeografía e historia. O roteiro
consistía en facer distintas actividades das diferentes materias ao largo do
paseo, usando como base elementos situados no mesmo.
Estivo un día soleado e o alumnado mostrouse moi resolutivo, a experiencia foi moi positiva. O luns 13 foi o alumnado de 3º da ESO e o mércores 15 o de 4º da ESO, ademais despois da pandemia, poder saír todos/as xuntos/as e facilitar a convivencia tamén resultou positivo.
Roteiro literario en Celanova
Foron ao Mosteiro de San Rosendo de Celanova, onde visitaron a igrexa, e puideron gozar do órgano e escoitalo, tamén viron o Oratorio mozárabe de San Miguel que se encontra no interior do mosteiro:

Éxito no certame Literario do IES de Sanxenxo.
Categoría B:
- Diana de Sousa Basdediós.
- Gabriela Abal Blanco.
- Alba D. Soutullo.
Categoría C:
- Manuela Garrido Míguez.
- Uxía Rozas Pérez.
- Carla Barreiro Fontela.
- Daniela Requejo González.
- Candela Estévez Deza.
- Valeria Caramés Periscal.
Gañadoras absolutas na categoría C:
- Manuela Garrido Míguez
- Uxía Rozas Pérez.
Parabéns a todas , seguide así, chegaredes a onde queirades.
CHARLAS SOBRE DIVERSIDADE SEXUAL COA ASOCIACIÓN ARELAS
Esta semana o alumnado de 3ºESO e 4ºESO participou con representantes de ARELAS, Asociación de familias de menores trans, nunhas charlas sobre diversidade sexual, tan necesarias para o coñecemento e formación no respecto da diversidade en todos os aspectos da sociedade, pero nesta ocasión poñendo a atención na defensa dos dereitos dxs nenxs e adolescentes trans en todos os ámbitos da vida.
CREA A TÚA BOLSA
Os departamento de LGL e o EDLG colaboramos para facer con 1º FPB de administrativo unha actividade artística. O alumnado deseñou e realizou o debuxo da súa propia bolsa de algodón ecolóxico.
Unha forma de deixar saír a creatividade e usar a lingua!!!
ADRIÁN CASTRO E CRISTIAN TRONCOSO PREMIADOS NO FPBASICASKILLS GALICIA 2022
Esta mañá tivo lugar no CIFP Politécnico de Santiago a entrega de premios do 1º Campionato Galego de Formación Profesional Básica, FPBásicaSkills Galicia 2022, destinado a alumnado de FP Básica e de Programas Formativos, que ten como obxectivo darlle unha maior proxección e difusión aos ciclos de formación profesional básica e programas formativos que se imparten en Galicia e que é unha iniciativa única a nivel nacional.
IX Foro de Automoción no IES de Vilalonga
O 20, venres, a partir das 9h empezou o bloque teórico, no auditorio Emilia Pardo Bazán de Sanxenxo. Trataron temas diversos como: "A nova FP no futuro", Innovación LUIKE: " El eléctrico 2.0", Híbridos "Una solución compleja". A partir das 11:45h presentáronse os proxectos de innovación na FP de automoción de Galicia:
A partir das 17h, tras unha comida de traballo, no IES de Vilalonga fixéronse distintas actividades: un taller práctico sobre vehículo Lexus NX, dúas ponencias: Competición Greenpower Iberia; Taller práctico sobre Porsche Taycan; Taller sobre maquinaria agrícola e taller práctico náutico. Ao mesmo tempo fixéronse actos paralelos como: exposición de ferramentas e útiles, exposición de libros técnicos e exposición de vehículos innovadores.
necesarios para o avance da FP de automoción.
A DERRADEIRA VIAXE EN BARCO DE DOMINGO VILLAR
Esta semana foi a do 17 de maio, data que escollemos e iniciamos en Galiza para a homenaxe e celebración de persoas que entregaron parte da súa vida á cultura, lingua e sobre todo literatura galega, mais esta semana das Letras Galegas foi tamén na que partiu unha das persoas que máis teñen feito pola literatura galega nos últimos anos, Domingo Villar.
Con Ollos de auga Domingo Villar achegounos alá polo 2006 a unha literatura en galego feita para lectores e lectoras de todas as linguas e culturas e nun momento no que as letras galegas precisaban un pulo cara adiante como o que lle deu o inspector Leo Caldas, personaxe que nos levou de visita por Vigo e arredores e que seguimos en A praia dos afogados e O último barco.
O RACE NO IES DE VILALONGA
Persoal do Real Automóbil Club de España (RACE) estivo este mércores no IES de Vilalonga para darlle unhas charlas, dentro do Plan Nacional de Drogas e Seguridade Vial, ao alumnado de FPBI e II de Automoción e 4ºESO, coa finalidade de sensibilizar a mocidade ante o risco que supón o consumo de drogas e a súa relación letal coa condución.
Certame Literatio no IES de Sanxenxo.
O IES de Sanxenxo convocou, como todos os cursos, o seu Certame Literario para o 20 de maio de 2022. Fomos invitados, igual que todos os centros do concello. Participaron 54 alumnos/as do IES de Vilalonga, nas categorías de 1º e 2º ciclo de ESO. A cada alumn@ déuselle un folio con dous fragmentos literarios, un de poesía e outro de narrativa. Tiñan que elixir un e continuar con un texto en narrativa ou verso, en ambos casos en lingua galega. A partir de aí deixar voar a imaxinación e crear.
Un xurado composto por profesores do IES de Sanxenxo lerán e elixirán os mellores. A entrega de premios terá lugar no auditorio Emilia Pardo Bazán de Sanxenxo o 10 de xuño.
Sorte á rapazada!!!

Audios e podcast do Día das Letras Galegas.
Audios e podcast do Día das Letras Galegas.
Os alumnos de Primeiro de Bacharelato van realizar a lectura dun par de poemas sobre a obra de Florencio Delgado Gurriarán:
Saída didáctica a Pontevedra

Despois percorreron a zona antiga da cidade acompañados dunha guía local:
Pasaron un día estupendo, a experiencia foi moi positiva segundo nos dixeron."Navega con rumbo"
PROGRAMA "NAVEGA CON RUMBO"
Este luns, 9 de maio, o alumnado de 2º ESO asistiu a unha charla dun relator do Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) dentro do Plan Navega con Rumbo polo Ciberespazo, unha iniciativa encamiñada a que o alumnado navegue con seguridade, evitando o ciberacoso e outros riscos da Internet e coa intención de que se mentalice da necesidade de facer un uso responsable das novas tecnoloxías para poder espremerlles toda a substancia posible e adquirir boas experiencias e novos coñecementos.
Saída didáctica a Ourense
Visitamos Galiciencia co fin de espertar vocacións científicas e gozar da ciencia, o espectáculo científico celebrado no Parque Tecnolóxico de Galicia (Ourense), feira que se celebra dende 2006, dirixida a estudantes de todas as etapas.
Os nosos alumnos e alumnas de 4º de ESO tiveron a posibilidade de participar en charlas, obradoiros e moitas outras actividades sobre economía circular: A economía circular (EC) ten por obxectivo reducir o impacto das actividades económicas e sociais sobre o medio natural. Para tal fin, non hai mellor acción que eliminar o consumo de todo o “innecesario” e “superfluo”, é dicir, reducir o consumo, tanto no ámbito das empresas como dos consumidores finais (particulares ou administracións públicas). Feito o anterior, dispoñemos de diversas estratexias para ser máis circulares e deste xeito, traballar e acelerar o progreso cara a consecución do ODS 12. do Desenrolo Sostible: Produción e consumo responsables.
Aproveitando a viaxe á cidade de Ourense, visitamos o seu centro histórico, as burgas, a Praza Maior e a súa catedral. Encantounos, sen dúbida Ourense é un destino recomendable!!!
