25N no IES de Vilalonga

 

 

Durante o venres 25 de novembro, todo o alumnado do IES de Vilalonga baixou ao patio frontal ás 12 horas. Na entrada había unha mesa con pintura de mans lila, para poderen pintar as palmas desa cor.

As xanelas desa fachada (1ºESOA, 1ºESO B, 1ºESO C e Desdobre 1 no primeiro andar; aula de idiomas, 3º ESO A, 2º ESO C e Desdobre 2 no segundo andar) estarán abertas e as persianas fechadas agás a ventá central de 2º ESO C. Unha das xanelas de 2º ESO C estaba completamente aberta e coa persiana levantada, porque era onde estaba disposto o equipo de son e as persoas (catro alumnas) que leron o manifesto.Da fachada colgarán as faixas de igualdade que posúe o centro.

Unha vez concluída a lectura do manifesto, o resto das voluntarias ergueron as persianas e berraron o lema deste ano: "Caladas e sumisas, nunca máis". Repetirano varias veces e amosarán as pancartas que fixeron individualmente, con lemas feministas.

Todo o acto foi gravado desde o patio, e acabou cunha salva de aplausos e coa reprodución dun tema musical . Despois, o alumnado voltou ás súas aulas.

Polos corredores do Centro as alumnas de Igualdade coa súa profesora Laura Ramos Cubas colocaron bandeirolos e pancartas con lemas en contra da violencia de xénero.




Ningún comentario:

Publicar un comentario