BOAS VACACIÓNS DE NADAL!




Biblioteca e EDL deséxanlles
BO NADAL E PRÓSPERO ANINOVO

Agradecemos ó noso profesor de plásica, Eduardo P. Baamonde, que nos agasalle unha vez máis cos seus marabillosos traballos e aproveitamos para felicitar a todos e a todas con el.

Flashmob do IES As Barxas para felicitar 2011

Tráiovos hoxe o último traballo do Equipo do IES As Barxas, trátase dun flashmob protagonizado polo alumnado para vos felicitar o aninovo.
Un flashmob consiste nunha actuación sobre a realidade na que un conxunto de persoas se poñen de acordo nun lugar e momento determinados para realizar unha acción simultánea cunha determinada finalidade ou só por pura diversión. 
No noso caso, ademais de divertirnos, pretendemos chamar a atención sobre a importancia da recuperación dun tempo propio para termos unha vida máis feliz.
Segundo a información da que dispoñemos trátase do primeiro flashmob realizado nun centro de ensino galego.
A música atopámola en Jamendo, trátase dun tema de Galdson, que non é outro que o mestre de Ortigueira Vicente Orjales.
A estupenda montaxe do vídeo realizouna Luz, a profesora de plástica.
Se che gusta, PÁSAO!

CURTAMETRAXES no auditorio E. PARDO BAZÁN



O IES de Sanxenxo convidou ó noso alumnado de 3º e 4º da ESO a visualizar curtas en galego no auditorio Emilia Pardo Bazán no día de onte.



Estas foron as curtas que se proxectaron: O PREZO DO DOTE, XINETES NA TORMENTA, A ROSA DOS VENTOS, AMELIA E AS SEREAS, TOXIC PERCEBE, MAN e CADERNO DE BITÁCORA.

CINE NO IES

Dúas novelas.  Pídeas  na  BIBLIOTECA

CINE

1º de ESO

O neno co pixama a raias, Mark Herman . Luns, 20 de decembro, 3ª/4ª h. Salón de Actos.

Dúas novelas.  Pídeas  na  BIBLIOTECAhttp://www.labutaca.net/films/62/el-nino-con-el-pijama-de-rayas.php


2º de ESO

A maldición dos foxos, Andrew Davis Mércores, 22 de decembro, 1ª/2ª h. Salón de Actos.

http://www.todocine.com/mov/00511701.htmmov/00511701.htm

Biblioteca e Normalización Lingüística



O APALPADOR



O Apalpador por Xoán G.

O Apalpador vive nas devesas do Courel
desde hai tantos anos que ninguén sabe xa
cantos ten.

Pasa o día a apañar madeira como cando era
carboeiro, aínda que agora a que procura é
doutras castes máis finas.

E no outono aproveita a viaxe
e tamén vai ás castañas.

De volta a casa, senta a carón da lareira e
escolle con moito agarimo a madeira máis
seca e de mellor calidade, saca a súa navalla
e ponse a entallar.

E así pasa un día e outro, e outro, e outro...
Pero polo Nadal deixa a
navalla e baixa a todas as casas
da Galiza cunha morea de
agasallos para repartir.

Antón e Antía arelan a
Noite do Apalpadoiro
e andan tan bulideiros que
non queren ir para a cama.

Pero saben
que se fican espertos
non han
vir os agasallos!

E, ao cabo, rematan caendo de sono.

Con agarimo
para non os
espertar, o Apalpador
aloumíñalles as barriguiñas
por ver se están mantidos.
E como os dous cearan
abondo...

...aleda e bísballes amodiño:
—Así, así esteades todo o ano!
e coa mesma,
déixalles unha
presa de castañas
na mesa de noite.

Pero os agasallos déixallelos agochados por
toda a casa, así que ao se ergueren pola mañá
terán que xogar a atopalos.

http://www.apalpador.com/


MANUEL NÚÑEZ SINGALA visitounos.





Manuel Núñez Singala visitou o noso instituto para departir co alumnado de 2º de bacharelato sobre os múltiples prexuízos que afectan á lingua galega. Contamos tamén cun presentador de excepción, o profesor e pintor Eduardo Pérez Baamonde, amigo e compañeiro desde infancia do escritor.