Amosando publicacións coa etiqueta CURTAS. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta CURTAS. Amosar todas as publicacións

"Os restos do pasado. Unha viaxe pola Lanzada"



Para todos aqueles que non puidestes escoitar onte a interesante charla que impartiu no noso centro o arqueólogo, Rafael Rodríguez, que dirixiu as escavacións na Lanzada 2010-2016.

Quédavos aquí a curtametraxe documental sobre o xacemento arqueolóxico da Lanzada, presentada ao I Festival de Curtametraxes sobre o Patrimonio Arqueolóxico da Provincia de Pontevedra Telearqueoloxía 2016.

"Heterofobia"




"Mundo ao contrario" é o título que ten na súa tradución ó portugués esta curtametraxe, na que se ficciona un mundo onde o normal é ser homosexual e ser heterosexual é unha aberración.

Esta é unha historia contada por unha rapaza que descobre a súa condición sexual e ten que loitar contra unha sociedade, chea de preconceptos sobre a sexualidade. Non atopa, por degraza, ningún apoio, nin nos seus amigos, nin no seu entorno familiar para superar todos estes prexuízos, que finalmente a destrúen.

"Unitarias. Historia dun mestre galego"

Unitarias. Historia dun mestre galego from Adivina Producciones on Vimeo.

"Eu entraba na escuela e poñíame a falar castelán", esta é unha das frases extraídas deste documental que revisa trinta e cinco anos do noso sistema escolar educativo, desde 1961 ata 1996.

Nesta ligazón encontraredes máis información sobre este interesante documental. 

"Ghalegho"



Unha curta sobre a autoestima dos nosos fenómenos lingüísticos dialectais e normativos, tan fortemente prexuizados durante anos.

"Verbas"



Esta curta pretende alentar á dignificación e defensa da nosa lingua. Foi creada e dirixida por Andrea Maseda Prado. Gañou un premio ó mellor guión do II Concurso de Curtas Sociolóxicas da UCD.

"Pipas"

Non te perdas esta divertida curta gañadora dos premios ó mellor guión e á mellor dirección na XI Edición do Notodofilmfest .


Corto PIPAS from Manuela Moreno on Vimeo.

"Carapuchiña e o pobo feroz"



Esta curta galega é unha revisión do conto clásico, que a súa vez está baseada nun relato homónimo de Fran Alonso do seu libro Males de cabeza.

Trátase dunha curta que naceu  na Escola de Audiovisuais de Bouzas, e está  rodada na súa maioría no Morrazo. O seu director é Jose Araújo.

"Galego, todo o que buscas"



Este é o vídeo premiado no Correlingua 2012: ‎"Galego, todo o que buscas", un traballo de Édelingua, o Equipo de Normalización do IES Mosteirón (Sada). O xurado valorou especialmente a súa emotividade e contido orixinal.

É a segunda curta, despois d'As mazás casamenteiras, coa que nos agasallan desde ese centro. Moitos parabéns para eles e que continúen achegándonos as súas obras.

"Luz verde"


Curtametraxe baseada no relato "01 AM"  de Cemiterio de elefantes, de Fran Alonso.

Luz Verde relata a historia dunha muller de Cabral, en Vigo, que chega ao centro da cidade, de madrugada, para mercar un medicamento nunha farmacia. A curtametraxe está producida por Urban Pig Films e dirixida por Sara Casal.


O UNICORNIO DE PORCELANA



UNHA MARABILLA DE SENSIBILIDADE

O director inglés Sir Ridley Scott promoveu un concurso de curtas a nivel mundial co título ¡“Dígao á súa maneira!”.

Este concurso estaba dirixido ás persoas que desexaran ser directores de cine. Nel participaron máis de 600 cineastas!!!

As condicións para participar foron:

§ A curta presentada non debía sobrepasar os tres minutos

§ O texto non debía ter máis de seis liñas.

§ O tema tiña que ser atractivo.

O director Keegan Wilcox foi o gañador coa curta titulada :

“ PORCELAIN UNICORN “ ( “O Unicornio de porcelana”).

O TEMA: Dúas persoas ás que todo separa pero que están moi cerca unha da outra.

¡ Non deixedes de ver a curta !

"As mazás casamenteiras"





Parabéns para o alumnado e o Equipo de Dinamización da Lingua Galega do IES O Mosteirón de Sada por esta curtametraxe, última produción cinematográfica de Édelingua, a súa produtora de audiovisuais.

Esta curta está baseada novamente nun texto de Séchu Sende. Está protagonizada por Alejandra e Miguel, de primeiro de ESO, e por Anna e Lucía, de 4º de ESO. Javier González Garrido (Genetic films), de 2º de Bacharelato, gravou, dirixiu e montou este filme, no que a casualidade e o feito de valorar a esencia das cousas e non a súa aparencia provocan o encontro de dúas persoas moi especiais, un mozo e unha moza moi tenros, amantes da lectura e tamén das mazás do país, as máis saborosas, aínda que non teñan boa "pinta".

"Aquel no era yo"




TRAILER Aquel no era yo from quieneslala on Vimeo.



A curtametraxe 'Aquel no era yo', escrito e dirixido por Esteban Crespo, conta a historia de Paula e Kaney, dúas personaxes -un neno africano e unha muller española- que poderían non ter nada en común, pero que chegarán a unir as súas vidas irremediablemente a través dun disparo. Un disparo que dá vida.

Esta curtametraxe foi estreada días atrás con motivo da celebración que hoxe se fai do DÍA MUNDIAL CONTRA A UTILIZACIÓN DE NENOS E NENAS SOLDADO. Trátase dun envento organizado polas ONG españolas: Fundación El Compromiso, Amnistía Internacional, Save The Children, Entreculturas, Alboan, etc.

"Teatriños: Homenaxe ó mineral do repolo"



Little Theatres / Teatriños: Trailer from Stephanie Dudley on Vimeo.


Curtametraxe coa técnica do stop-motion inspirada no poema da canadense Erín Moure de ascendencia galega.

'Homenaxe ao mineral do repolo’

No repolo hai algo de voo aterrado
Algo de ceo
Atrás as ás do repolo, que están dobradas
e sobredobradas para aterralo,
repousan aínda máis ás, pensando no ceo.

Hai algo inconsciente do repolo.

Niso, o repolo tamén ten auga, auga de tormenta,
augas do ceo.
O repolo repleto de líquido.
A súa tapa tormentada que non te desmente.

¡Coidado da cabeza se miras o repolo!
Pensamentos das follas pálidas
cortadas na auga fervida.
Hai algo de votivo
de cansanzo inmenso de mirada nunca acabada no espazo
dunha vida pero dobrada e redobrada e sobredobrada
para tapar esas augas tormentadas
augas caladas
augas augaradas
do repolo compartidas con nós, cos seres.

CURTAMETRAXES no auditorio E. PARDO BAZÁN



O IES de Sanxenxo convidou ó noso alumnado de 3º e 4º da ESO a visualizar curtas en galego no auditorio Emilia Pardo Bazán no día de onte.



Estas foron as curtas que se proxectaron: O PREZO DO DOTE, XINETES NA TORMENTA, A ROSA DOS VENTOS, AMELIA E AS SEREAS, TOXIC PERCEBE, MAN e CADERNO DE BITÁCORA.