Amosando publicacións coa etiqueta LINGUA GALEGA. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta LINGUA GALEGA. Amosar todas as publicacións

Club de lectura de 4º da ESO

 

Os xoves 20 e 27  de xaneiro reuníronse os clubs de lectura de 4º da ESO A e C. Acabaron as lecturas do 1º trimestre: Alas de fuego de Laura Gallego e Percy Jackson  el ladrón del rayo de Rick Riordan respectivamente. A súa coordinadora é a profesora de Lingua e Literatura galega Victoria Villar Mosquera.

Parabéns, seguide a ler, obteredes resultados.


"Os libros son unha incomparable maxia portátil" – Stephen King.

DURANTE: MEMORIA DO SILENCIO


    Nestes tempos de confinamento hai días nos que lembras con distancia e nostalxia as rutinas das túas xornadas no instituto, aulas, conversas, cafés e incluso saturacións... Mesmo ás veces es quen de ver como esas lembranzas se converten en refachos de momentos divertidos e especiais co alumnado co que levas dous anos compartindo algo máis ca materia e aula...

    Hoxe chegoume unha mensaxe dunha alumna cun traballo voluntario dunha lectura e esa candeíña prendeu automaticamente, como con outros que chegaron nos últimos días, pero quizais porque é máis visual, vou deixar que os represente a todos. É un excelente traballo e moi persoal que reflicte o libro Memoria do silencio de Eva Mejuto. 



    Agardo que Uxía gozara tanto facéndoo como eu contemplándoo. Claro que tamén me fixo sentir orgullo, sei que compartido co profesorado que damos clase no IES de Vilalonga e co alumnado que temos neste seu atípico último curso de bacharelato, porque en cada traballo e mensaxe que dende ambos lados recibimos nestes días hai moito máis ca o que se deixa ver nas indicacións dunha corentena académica, e iso é algo que dende fóra moitos non logran medir (pero case mellor, non sexa que teñamos que poñer nota tamén diso).

    Parabéns a Uxía por este traballo e a tod@s os demais que o facedes igual de ben ao voso xeito persoal, non deixades de facernos medrar.

ANTES: TITORIAL IMPRESIONANTES AVIÓNS DE PAPEL

Neste vídeo podemos gozar da creatividade de catro alumnos de 4ºESO A do IES de Vilalonga cun curioso e orixinal titorial sobre a creación de avións de papel.
Este titorial xurdiu para unha das actividades do Proxecto 21 días co galego e + , xunto con moitas outras de compañeiros e compañeiras de todo o instituto. Parabéns a Diego, Jaime, Gabriel e Mario por este traballo e a todo o alumnado do noso IES pola súa implicación e traballo.


ANTES: CLUB DE LECTURA 2º BACH: A crueldade de abril


O xoves 14 de marzo tivemos a oportunidade de botar unha ollada atrás para lembrar a lectura coa que comezamos este curso nos Clubs de lectura de 2º de bacharelato, A crueldade de abril de Diego Ameixeiras. Fixémolo xustamente da man do propio autor que veu falar da súa novela no marco das actividades desenvolvidas no Festival Montenegro do IES Monte da Vila do Grove, co que tivemos o pracer de colaborar nos clubs de lectura de 1º e 2º de bacharelato.
Diego Ameixeiras falou co alumnado da súa novela pero tamén doutras novelas que xa coñeciamos e mesmo dalgún proxecto que está por saír. Ademais, puido contemplar os diversos e elaborados traballos (pinturas, debuxos, vídeos, escenarios do crime...) nos que o alumnado deixou impresa a pegada de A crueldade de abril.




       



ANTES: Exposición "Mulleres para pensarmos"

Entre as diversas actividades e exposicións que tiveron lugar no IES de Vilalonga arredor do 8 de marzo, o Departamento de Lingua Galega e EDLG trouxéronnos a exposición do IES Politécnico de Vigo "Mulleres para pensarmos", baseada no libro de África López Souto, Mulleres que (nos) dan que pensar.
Nesta exposición podemos facer un percorrido pola vida de 18 mulleres galegas de diferentes épocas e eidos, moitas veces pioneiras no seu traballo, outras destacadas nas súas funcións, nalgún caso asasinadas e case sempre silenciadas, mulleres que buscan recuperar un lugar na historia que nalgún momento lles foi negado.





 Esta exposición serviu tamén como recurso de traballo dalgúns grupos, como os da materia de Igualdade de Xénero de 2º ESO, que saíron da aula para procurar as respostas que lles tiñan presentado as docentes a modo de cuestionario. Seguro que hai algúns nomes que xa non esquecen...





ANTES: CLUB DE LECTURA 2º BACH "Beleza Vermella"

O alumnado dos Clubs de lectura de 2º de bacharelato reuniuse nunha sesión conxunta con xantar incluído para comentar o seguimento da novela Beleza vermella de Arantza Portabales. É un texto que podemos encadrar dentro da novela negra que gustou moito a aquelas que remataron de ler e está a crear grande expectativa entre os que aínda non remataron.
Agardamos seguir con estas sesións tan produtivas e poder coñecer a autora para que nos descubra algúns dos segredos da novela e que vai ser de Abad e Barroso.






21 días co galego e +: DIARIO CULTURAL DA RADIO GALEGA

Os 21 días co galego e + do IES de Vilalonga estiveron tamén na Radio Galega, no Diario Cultural, nunha entrevista dirixida por Ana Romaní. Desta vez compartimos espazo coa coordinadora do proxecto, Pilar Ponte, e con outro centro participante, o IES Xelmírez I de Santiago de Compostela.

21 días co galego e +: vídeo resumo IES de VILALONGA

Aquí vai o vídeo resumo do IES de Vilalonga que podemos ver no Blog oficial do 21 días co galego e + 2020.

https://www.youtube.com/watch?time_continue=8&v=S81ZpAhKxW4&feature=emb_logo

21 días co galego e + : EU G COMA TI

O profesor Tomás de Ciencias aplicadas á actividade profesional creou co alumnado de 4º ESO un espazo incrible de luz, son e imaxe que non pode pasar desapercibido para ninguén ;)




21 días co galego e +: REFRÁNS ILUSTRADOS

A Exposición de REFRÁNS ILUSTRADOS é o resultado da actividade realizada polo profesorado de Debuxo, Eduardo e Alba, cos grupos de 1º, 3º e 4º ESO e 1º de Bacharelato Artístico.
Este é un material incrible e inexistente na documentación da nosa lingua e tradición.
Que grande traballo!
           


                               


                                 


https://www.facebook.com/228149298072048/photos/pcb.469228513964124/469227223964253/?type=3&theater

21 días co galego e +: GALEGO SEN FRONTEIRAS: O GALEGO POR OUTRAS TERRAS

Unha das actividades que resultou máis interesante destes 21 días co galego e + no IES de Vilalonga foi o encontro de alumnado de 3º e 4º ESO con alumnado de Lingua Galega para estranxeiros da USC. Ekaterina, Christph, Jorge, Vitória, Leticia e Diana, ademais de presentar a Rusia, Alemaña, México, Venezuela, Italia e Arxentina, conversaron co noso alumnado en galego con toda normalidade como falantes orgullosos da lingua aprendida.
Que aprendizaxe tan boa para a nosa xeración de estudantes... e non só ;)




       






https://www.facebook.com/228149298072048/photos/pcb.469228513964124/469227223964253/?type=3&theater

21 días co galego e + : PROXECTO NEO - RADIO BURELA

Nestes 21 días co galego e + o alumnado dun grupo de 4º ESO (Inés, Mario, Nerea, Alexia, Gabriel e Laura) que está colaborando máis directamente no proxecto, xunto coa profesora Carme Picallo, puideron entrar en directo no programa de Radio Proxecto Neo de Radio Burela e contar como está sendo esta experiencia de 21 días en galego para eles no IES de Vilalonga.





Enlace ao programa de radio:
https://proxectoneo.blogspot.com/2020/01/proxecto-neo-2879-ies-xelmirez-1-ies-de.html?m=1&fbclid=IwAR2HOyXguRJZV7uCuR-anduKymthsojiKqfqYNzIjuII0iNgC7USWjBecTc

21 días co galego e +: EXPOSICIÓN DEPORTISTAS EN GALEGO

Seguindo coas exposicións que enchen os corredores do IES de Vilalonga durande os 21 días co galego e +, agora é a quenda de deportistas galeg@s que nos deixan no simple uso o exemplo de compromiso coa lingua galega, a súa e a nosa lingua.








https://www.facebook.com/228149298072048/photos/pcb.469228513964124/469227223964253/?type=3&theater

21 días co galego e +: UNIDADES DE MEDIDA TRADICIONAIS E SANXENXO


Dentro das actividades desenvolvidas polos grupos de diferentes cursos para estes 21 días co galego e +, o alumnado de 1ºESO do IES de Vilalonga realizou para o Departamento de Matemáticas, en colaboración co EDLG, unha recollida de información tanto escrita como visual (con vídeos e fotos) de diferentes medidas tradicionais que aínda se lembran nas familias de Sanxenxo. 
Algunhas recollémolas en imaxes e podémolas ver expostas nos corredores do IES de Vilalonga; outras irán aparecendo...