"O incerto Sr. Cunqueiro"

Non debe ser casualidade, máis ben parece maxia da do mago Merlín, que coincidan na mesma semana o aniversario do nacemento de Rosalía de Castro e o aniversario do pasamento de Álvaro Cunqueiro.

 


Aquel que deixou escrito para o seu epitafio: "Eiquí xaz alguén que coa súa obra fixo que Galicia durase mil primaveras máis"

Este documental titulado "O incerto Sr. Cunqueiro" tenta destapar unha figura tan grande como é a do noso autor ÁLVARO CUNQUEIRO, que se viu soterrada pola época que lle tocou vivir. Antón Reixa dirixe os testemuños de familiares, escritores, críticos, amigos e especialistas como Xuan Vello, Quico Cadaval, Xavier Castro, César Cunqueiro, Juan Ramón Díaz, Luis Mateo Díez, Francisco Fernández del Riego, José María Merino, César Antonio Molina, César Morán, Sacha Ormaechea e Nélida Piñón.

Poema de Rosalía de Castro musicado por Clara Pino e coa voz de Uxía Senlle

Mañá 24 de febreiro conmemórase a data do nacemento de Rosalía de Castro, que se vén celebrando desde o 2010 promovida pola Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) como DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO.



O pasado domingo celebrouse o acto central no Panteón de Galegos Ilustres, onde está enterrada a escritora e alí presentouse o seu  poema inédito, "Dinche o corazón na man", musicado na voz de Uxía Senlle e coa música de Clara Pino. 


Dinche o corazón na man
Dincho queridiña inteiro
Ca pirmeiriña esperanza
co pensamento pirmeiro.
Dincho cal neno que nace
De ilusións blancas cuberto
Caraveliño cerrado
ó teu calor dulce aberto.
En solitarios herbales
Era rosiña escondida,
Solo para ti prantada
Para ti solo nacida.
E coma flor sensitiva
Baixo outra man se pregaba,
E solo onda ti vivía
E de ti lonxe muchaba.

CINE: Clásicos para non esquecer. ENTROIDO 2015

BOUDU salvado das augas, 1932. Jean Renoir
Bonita fábula, excelente director e gran interpretación. Este vagabundo non quere vivir na súa sociedade, e logo tampouco se vai deixar integrar...

L'ATALANTE, 1934. Jean Vigo
Unha das grandes películas do cine clásico. Unha historia de amor e vida perfectamente contada: sinxela, emotiva e fermosa...

LAURA, 1944. Otto Preminger
Cine negro americano. Marabillosa Gene Tierney

OS INÚTILES, 1953. Federico Fellini
Por que non queren traballar estes cinco mozos?
"Unha reflexión sobre a existencia"

BANDA APARTE, 1964. Jean-Luc Godard
Estes rapaces franceses dos anos sesenta xogan a ser personaxes de cine negro americano entre o barrio de Clichy (do vello París) e o (máis periférico) de Joinville-le-Pont. Poucos recursos lle foron suficientes a Godard para facer esta linda película: boa fotografía e a interpretación de Anna Karina. Quen nos dera bailar este marabilloso solo de claqué cando retornabamos polas noites de verán ao camping de Joinville, pola orela do Marne...!

O DESERTO VERMELLO, 1964. Michelangelo Antonioni
Por un deserto da era industrial con Antonioni e Mónica Vitti. Anodinas vivencias, poderosas imaxes.

RAQUEL, RAQUEL, 1968. Paul Newman
Como esquecer esta película que tantos e tantas vimos na primeira xuventude? Falábanos directamente ao corazón: a súa rabia era a nosa, os seus medos e os seus soños tamén, a liberdade  era o ben máis preciado... Moi ben por Joanne Woodward e Paul Newman, que non só foron fermosos...!
Rb.

SAN VALENTÍN NO IES DE VILALONGA

       Música: Pablo Alborán "Mon amour"/"Dulce amor"

Dende a Biblioteca do IES de Vilalonga decidimos celebrar o día de San Valentín reivindicando a poesía: fixemos unha selección de poemas en distintas linguas e deixámolos na entrada do IES para que o alumnado escollera o que máis lle gustara e o metera nun sobre. A actividade rematará este venres coa entrega dos sobres polo noso especial cupido. Non deixedes de  ver o vídeo que ilustra graficamente a actividade.

Manuel Rivas c@nta "O raposo e a mestra" en Sanxenxo.


Todo aquel que escoitou algunha vez falar a Manuel Rivas sabe que se atopará cunha voz que non se impón imperativa, pero que se adentra en nós, igual que a súa narrativa ou poesía,  como se estivese a saír dunha bucina de mar. De aí que foi un pracer escoitar, unha vez, máis a súa voz.

Nesta ocasión as súas palabras foron dirixidas a un público infantil na parateatralización da súa obra "O raposo e a mestra", que realizou o pasado 19 de xaneiro no auditorio de Sanxenxo, Emilia Pardo Bazán, invitado pola Federación de ANPAS O' Con de Sanxenxo, a librería Nós, Mombús e o concello de Sanxenxo e orientado a todos os escolares dos seus centros de primaria.

E non quedou aí o conto, máis que da súa voz puidemos gozar dun Rivas transformado en contacontos e cantor para achegarse ó corazón dos máis pequenos. Posto que, como el mesmo nos declarou, é un momento moi delicado para a nosa lingua e debemos gañarnos eses pequenos corazóns para manter a nosa lingua viva.


Cantar para estar viva

First we take Manhattan. 
Leonard Cohen

sempre un clásico para prever e logo non andar con elexías, desmoronamentos, 
antigo "Ubi sunt"...


Mergullei
Guadi Galego
pola fermosa lingua na música ben feita


El chico de la armónica. 
Micky
para os invisíbeis "nenos soldado" de África e do mundo enteiro

Niña de agua. 
Ana Belén
polo amor e a vida

Winter in Canada
Elissa Gabbai

polas belas cancións
Rb.

DÍA DA PAZ NO IES DE VILALONGA

O alumnado de 3º de diversificación no quixo deixar de aportar o seu gran de area á conmemoración do día da paz. Velaiquí o seu traballo.




EXPOSICIÓN DALÍ ARTE, DALÍ CIENCIA, DALÍ SOÑO, DALÍ REALIDADE

   O Departamento de Matemáticas e a Biblioteca do IES de Vilalonga traen a exposición Dalí arte, Dalí ciencia, Dalí soño, Dalí realidade para o desfrute de todos.
   Froito do traballo de varias profesoras do IES Castro da UZ das Pontes podemos facer un percorrido pola obra de Salvador Dalí e as súas etapas acompañada de textos didácticos sobre a matemática, a física e a química, as ilusións ópticas e a música.
   Para ver os paneis en PDF e obter máis información sobre este traballo podedes ir a este enlace


"Invisibles. Nenos soldado"



Extracto do documental "Invisibles", producido por Javier Bardem. Este fragmento corresponde á parte dirixida por Fernando León de Aranoa, que levou a súa cámara até Uganda para denunciar a situación dos nenos soldados, que son secuestrados ás súas familias para obrigalos a matar ata morrer.

Baixo este título desenvólvense dúas historia de ficción "O sono de Bianca" e "Cartas a Nora" e tres documentais: "A voz das pedras", "Ouma" e " Crimes invisibles". Estas historias lévanos á República Centroafricana, Colombia, Uganda e a República Democrática do Congo para reflectir e recordar situacións coma as enferrmidades de chagas e do sono, os Night Commuters de Uganda, a violencia de Colombia e a agresión sexual na República Democrática do Congo.


 Nesta ligazón podes atopar o documental completo.

CINE. TODO PARA TI

                   2014                                                       2013                                         2012
                                  
     1 Enorme obra de arte tamén no cine
                  
2 A. Jaoui volve encantarnos coa vida nun conto de fadas 
                
                           3 Asomarse á vida desde distintas puntos da viaxe  (triloxía)                                                                                                                                                                                                                                                                    
   2012                                                         2014                                                                            2011
                  
4 Pode a amizade curar feridas...?

5  A historia nunca conta as desfeitas  individuais que causan as guerras 

6 Máxica viaxe de ida e volta pola vida real. Marabillosos Crebinsky
2014
                                           
  Ás veces a vida semella non dar un respiro
Cómpre loitar.
Algo así sucede nestas cinco últimas e fermosas películas

2010                      2009                           3013
      
2013
Rb.

Alumna premiada coa publicación do seu lema.


"QUE NOS DÍAS DE FESTA ESPERTEMOS CO SON DAS GAITAS"


Este é o lema co que a nosa alumna, María José Bouzada, de 2º de bacharelato foi premiada en Reserva Natural das cousas boas da empresa Larsa.

Os nosos parabéns á súa creatividade e ó acerto desta iniciativa, que a converte en protagonista dos cartóns de leite que nos levamos á casa.