Manuel Rivas c@nta "O raposo e a mestra" en Sanxenxo.


Todo aquel que escoitou algunha vez falar a Manuel Rivas sabe que se atopará cunha voz que non se impón imperativa, pero que se adentra en nós, igual que a súa narrativa ou poesía,  como se estivese a saír dunha bucina de mar. De aí que foi un pracer escoitar, unha vez, máis a súa voz.

Nesta ocasión as súas palabras foron dirixidas a un público infantil na parateatralización da súa obra "O raposo e a mestra", que realizou o pasado 19 de xaneiro no auditorio de Sanxenxo, Emilia Pardo Bazán, invitado pola Federación de ANPAS O' Con de Sanxenxo, a librería Nós, Mombús e o concello de Sanxenxo e orientado a todos os escolares dos seus centros de primaria.

E non quedou aí o conto, máis que da súa voz puidemos gozar dun Rivas transformado en contacontos e cantor para achegarse ó corazón dos máis pequenos. Posto que, como el mesmo nos declarou, é un momento moi delicado para a nosa lingua e debemos gañarnos eses pequenos corazóns para manter a nosa lingua viva.


Ningún comentario: