Poema de Rosalía de Castro musicado por Clara Pino e coa voz de Uxía Senlle

Mañá 24 de febreiro conmemórase a data do nacemento de Rosalía de Castro, que se vén celebrando desde o 2010 promovida pola Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) como DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO.



O pasado domingo celebrouse o acto central no Panteón de Galegos Ilustres, onde está enterrada a escritora e alí presentouse o seu  poema inédito, "Dinche o corazón na man", musicado na voz de Uxía Senlle e coa música de Clara Pino. 


Dinche o corazón na man
Dincho queridiña inteiro
Ca pirmeiriña esperanza
co pensamento pirmeiro.
Dincho cal neno que nace
De ilusións blancas cuberto
Caraveliño cerrado
ó teu calor dulce aberto.
En solitarios herbales
Era rosiña escondida,
Solo para ti prantada
Para ti solo nacida.
E coma flor sensitiva
Baixo outra man se pregaba,
E solo onda ti vivía
E de ti lonxe muchaba.

Ningún comentario:

Publicar un comentario