Amosando publicacións coa etiqueta Rosalía de Castro. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Rosalía de Castro. Amosar todas as publicacións

O REXURDIMENTE de DE VACAS

   Aquí temos a revolta liderada pola escritora Rosalía de Castro en Rexurdimente, o tema co que De vacas parodia a canción da Rosalía cantante...

                                   


   Como gustamos destas sorpresas!!! 

Voa, voa, Rosalía.


Avión de Norwegian coa imaxe de Rosalía de Castro

Paga a pena ver esta imaxe  co rostro de Rosalía nun avión da compañía Norwegian. Con ela xa son seis as figuras da historia e da literatura españolas que adornan os seus avións. Acompaña a Rosalía, outra grande figura das letras españolas femininas: 



Celebramos tamén que o aeroporto de Lavacolla levará o nome de Rosalía de Castro

Murais de Manuel María e Rosalía




O alumnado de 4º de ESO baixo a dirección do profesor de plástica, Eduardo P. Baamonde, realizou durante este último trimestre dous enormes murais cos retratos de Manuel María e Rosalía de Castro. Ambos os dous xa están adornando as paredes do noso centro.



"Ariños, aires, Rosalía"

Na exposición "Airiños aires Rosalía", que se pode visitar na Casa do Cabido na Praza das Praterías en Santiago de Compostela até o mes de xuño, o fotógrafo Xurxo Lobato repasa a iconografía e os escenarios vitais de Rosalía de Castro.






















Nesta ligazón podedes atopar unha fotogalería da exposición.

Poema de Rosalía de Castro musicado por Clara Pino e coa voz de Uxía Senlle

Mañá 24 de febreiro conmemórase a data do nacemento de Rosalía de Castro, que se vén celebrando desde o 2010 promovida pola Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) como DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO.



O pasado domingo celebrouse o acto central no Panteón de Galegos Ilustres, onde está enterrada a escritora e alí presentouse o seu  poema inédito, "Dinche o corazón na man", musicado na voz de Uxía Senlle e coa música de Clara Pino. 


Dinche o corazón na man
Dincho queridiña inteiro
Ca pirmeiriña esperanza
co pensamento pirmeiro.
Dincho cal neno que nace
De ilusións blancas cuberto
Caraveliño cerrado
ó teu calor dulce aberto.
En solitarios herbales
Era rosiña escondida,
Solo para ti prantada
Para ti solo nacida.
E coma flor sensitiva
Baixo outra man se pregaba,
E solo onda ti vivía
E de ti lonxe muchaba.

177 anos do nacemento de Rosalía

Hoxe é o aniversario do nacemento de Rosalía de Castro. Esta autora, nada en 1837 será a voz que poña de novo o galego na historia da literatura mundial, calquera dos seus versos poden testemuñar esta afirmación sen ningún xénero de dúbidas:

Daquelas que cantan ás pombas i as frores, 
Todos din que teñen alma de muller 
Pois eu que n´as canto, Virxe da Paloma, 
¡Ai!, ¿de qué a terei? (...)



Das múltiples homenaxes que circulan polas redes sociais hoxe, unha delas é a de facerse unha autofoto con algunha iconografía de Rosalía e publicala no twitter co #euRosalía.


ROSALÍA DE CASTRO: 150 ANOS DE "Cantares gallegos"



Con esta obra do noso compañeiro Eduardo Baamonde celebramos o aniversario de Rosalía de Castro que naceu un 24 de febreiro de 1837.

Este ano ademais temos que conmemorar os 150 anos de  "Cantares gallegos". A obra que lle deu voz de novo a nosa literatura.



ROSALÍA debuxada por Eduardo Baamonde



O noso colaborador Eduardo Baamonde agasállanos con estes debuxos de Rosalía para ir adiantando a celebración do aniversario do seu nacemento mañá. Trátase dunha visión da nosa escritora lonxe dos esteriotipos que lle impuxeron durante moito tempo. Así, preséntanos unha muller soñadora, loitadora,  que reivindicou Galicia e o dereito a ser muller escritora nunha lingua minoritaria.

Videopoema: "Unha vez tiven un cravo"



Hoxe que é o aniversario da poetisa galega, Estíbaliz Espinosa, achegámonos con ela a outra grande poetisa nosa, Rosalía de Castro,escoitando este coñecido poema seu da súa obra Follas novas.

175 ANIVERSARIO DO NACEMENTO DE ROSALÍA


O pasado 25 de febreiro celebrouse o 175 aniversario do nacemento de Rosalía de Castro.
Neste enlace: http://poemasderosalia.blogspot.com/ podedes atopar os seus poemas.



2NA FRONTEIRA pon música ó poema que Curros Enríquez dedicou a Rosalía de Castro: "Do mar pola orela mireina pasar"