O martes 17 de abril contamos coa presencia de Xosé Tomás, un dos debuxantes máis sobresaíntes do panorama actual da ilustración e a BD galegas. Como colaborador na parte gráfica ou autor do texto e os debuxos publicou moitos traballos, sobre todo no apartado da literatura infantil e xuvenil. Este obradoiro foi dirixido aos alumnos de 4º de ESO, tanto aos de Plástica como a outros interesados no mundo da BD, que puideron gozar da proximidade deste profesional. A charla comezou cunha breve introdución á historia e aos recursos narativos da BD. Unha charla que, dado o reducido número de participantes, foi interrumpida constantemente coas reflexións do alumnado ante as preguntass e as consideracións plantexadas por Xosé. Na segunda parte deste pequeno obradoiro o alumnado tivo a oportunidade de debuxar varias propostas. Unhas encamiñadas a practicar a lóxica narrativa dunha escena en viñetas, outras a experimentar cos globos, os deltas e os encadres e, finalmente, a describir gráficamente varios personaxes. O grao de participación activa neste tipo de talleres fai que sempre se quede curto o tempo empregado neles.
Amosando publicacións coa etiqueta ARTE. Departamento de plástica. EDLG b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta ARTE. Departamento de plástica. EDLG b>. Amosar todas as publicacións
Emilio Ínsua veu contarnos a Maruja Mallo

Aínda que semelle difícil falar dunha figura tan emblemática como a nosa pintora Maruja Mallo, o noso colega Emilio Ínsua sabe como ninguén transmitir a vida e obra desta figura tan potente e tan descoñecida, sobre a cal ten un ensaio titulado: Maruja Mallo: de prometedora pioneira a artista universal. Materiais para unha biografía exacta e completa da pintora viveirense entre 1902 e 1936, co cal gañou en colaboración con Carlos Nuevo Cal o XXIII Premio Literario Ánxel Fole no 2009
A nosa pintora vangardista está na nómina das mulleres invisibilizadas e o que noutro país é case unha operación de mercadotecnia internacional, como acontece con Frida Kahlo, no noso queda na marxe das explicacións da Xeración do 27, ou na sombra dalgúns dos seus representantes máis ilustres como Rafael Albertí ou Miguel Hernández, como se non fose ela quen os asombrase.
O relatorio estivo presentado polo profesor e pintor, Eduardo P. Baamonde, que traballou co alumnado de 3º de ESO a etapa dos seus retratos de mulleres. Tamén contamos coa presenza do alumnado de 1º de bacharelato.
MARUJA MALLO no seu DÍA DAS ARTES GALEGAS
Hoxe 1 de abril é o Día das Artes Galegas. Este ano está dedicado a Maruja Mallo, a pintora viveirense recibirá unha homenaxe hoxe en varios lugares, entre outros, na vila que a viu nacer.
Espallar a figura desta pintora é aínda algo que queda por facer, de aí que vos deixemos varias ligazóns para que pescudedes por que MARUJA MALLO é unha das nosas mulleres bravas, que deixou pegada na historia.
- "Maruja Mallo protagonista."
- Álbum das mulleres do Consello da Cultura Galega
- "Maruja Mallo, era demasiado libre para a sociedade do seu tempo"
- "O Día das Artes celebra a Maruja Mallo, a gran vangardista galega."
180 aniversario de Rosalía de Castro
| CARTEL realizado para a ocasión polo Departamento de plástica. |
O vindeiro venres, 24 de febreiro, celebramos os 180 anos do nacemento da nosa escritora máis universal, Rosalía de Castro.
Nesta ligazón podedes acceder ó manifesto polo Día de Rosalía de Castro realizado pola escritora Ledica Costas para conmemorar este aniversario.
Outra das inciativas máis lúdicas que se está a desenvolver con motivo desta celebración é a promovida desde a Casa Rosalía de Castro que implica a moitos restaurantes que terán na súa carta un "Caldo de gloria" inspirando neste poema de Rosalía que podes ler aquí.
En Santiago poderás degustalo no Dezaseis e na Tafona. E en Padrón na Casa do Patín, no Rincón, na Casa Farrucán, no Alpendre, no Pinchiños, no Bar Laíño, no Bar Rosalía e na Casa dos Martínez, entre outros.
Murais de Manuel María e Rosalía
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)


