Amosando publicacións coa etiqueta obradoiro. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta obradoiro. Amosar todas as publicacións

Obradoiro de emocións e solidariedade


O martes 29 e mércores 30 de marzo, o alumnado de 3º e 4º ESO participou nuns obradoiros sobre xestións de emocións e solidariedade con Paco Reigón, dentro do Programa Emocióna-t que desenvolvemos no noso centro.

Parabéns ao alumnado e profesorado do IES de Vilalonga por contribuír a un ensino público e de calidade!

 

Proxecto Revitaliza

O IES de Vilalonga continúa, por segundo ano consecutivo, coa súa formación para abordar o proceso de compostaxe no centro. Primeiro, a través de talleres formativos con alumnado novo de 1º ESO. E segundo, coa formación específica do alumnado de 4º ESO, que formará parte do comité ambiental do centro, encargado de supervisar o plan de recollida de residuos e mantemento do composteiro. 

O obxectivo desta iniciativa será facer compost comunitario obtido a partir da descomposición controlada da materia orgánica recolectada no instituto e sempre co asesoramento dos técnicos e técnicas do Plan Revitaliza. 






Árbore de Nadal superorixinal.


 Dende o IES de Vilalonga desexámosvos un nadal fractal (infinita felicidade nun espazo acotado), á semellanza da árbore de Sierpinski, realizada de xeito cooperativo por todo o alumnado da ESO mediante a construción, utilizando técnicas de papiroflexia, de pequenos tetraedros de papel.

Departamento de matemáticas. Gutier Fernández Villar. 

Obradoiro de animación (21 días de galego)

  O xoves 17 de decembro tivemos a oportunidade de gozar coas achegas de Borja Guerrero e Carlos Madureira, da editorial OQO, ao mundo da animación. Foi un obradoiro no que coñecemos a historia desta arte e nos explicaron varios aspectos sobre o incrible mundo das imaxes en movemento, de como funciona o noso cerebro no campo visual, das necesidades técnicas neste traballo, os primeiros obxectos ou "xoguetes" relacionados con el... E logo chegou o mellor: facer as nosas propias animacións en plastilina coa app Stop Motion. Encantounos deixar saír o lado creativo e comprobamos que algúns participantes teñen moito xeito e poden acabar sendo uns artistas de primeira!


 



Entreculturas no IES de Vilalonga.



       O martes 7 de maio, un grupo de alumnas e alumnos quedamos a comer no

 instituto para participar, de 3 a 4 tarde, nun obradoiro chamado "É a hora da 

igualdade", que foi animado por Lorena e Abel, traídos pola fundación Entreculturas. 

 Pasámolo ben reflexionando sobre a situación actual da igualdade de xénero e

 imaxinando planetas futuros alumeados por estrelas de xustiza, compromiso e 

igualdade"











Xornadas de RCP e soporte vital báxico.



A Consellería de Educación e a SEMES Galicia, coa intención de dar continuidade ás xornadas iniciadas o curso pasado, ofreceu un ano máis ao IES de Vilalonga unhas xornadas formativas sobre reanimación cardiopulmonar (RCP) e soporte vital básico dirixidas ao alumnado de 1º da ESO, 1º de bacharelato e 1º dos Ciclos formativos. 
   A actividade levouse a cabo o día 25 de abril e foi impartida por médicos, enfermeiros e técnicos da SEMES Galicia coa colaboración da Fundación pública de Urxencias Sanitarias de Galicia 061 e a Asociación Galega de Técnicos en Emerxencias Sanitarias (ASGATE).
O alumnado valorou positivamente este obradoiro que considerou de gran importancia e moi práctico en caso de emerxencia sanitaria.






Obradoiro en automoción.


Os bombeiros, do Concello de Sanxenxo, viñeron o día 19 de novembro, a ensinar ao alumnado de automoción do IES de Vilalonga, como apagar un incendio que se produce nun vehículo. Todos os anos se suele facer esta actividade, pois resulta moi intructiva. O obradoiro é práctico, os bombeiros fan un incendio controlado e explican os pasos que se deben seguir para apagalo, tamén mostrar como evacuar as posibles vítimas.

 







 



     Gracias
      por vir!!!!



Evacuación dun autobús.


O día 20 de novembro tivo lugar no IES de Vilalonga un simulacro de evacuación dun autobús escolar, para profesores e para o alumnado de 1º da ESO. Impartiron o mesmo os bombeiros do concello de Sanxenxo. Resultou moi práctico e útil pois ensináronos como actuar en caso de perigo por accidente, incendio, etc. Moitas veces viaxamos co alumnado a distintos lugares e está moi ben saber que facer de producirse un sinistro. Esperemos non ter que aplicar nunca estes coñecementos.

Obradoiro de creación poética.



  Tamara Andrés (Combarro, 1992) é graduada en Tradución e Interpretación e titulada no Máster en Estudos Teóricos e Comparados da Literatura e da Cultura e no Máster para o Profesorado. Na actualidade exerce como docente de linguas, tradutora e intérprete e realiza a súa tese sobre poesía e tradución na Universidade de Vigo.
En 2015 publicou a novela Amentalista e gañou o Concurso de Poesía O Facho co poemario Nenæspiraes, que foi editado posteriormente baixo o selo Medulia. A finais de 2017 publicou Corpo de Antiochia coa editorial Galaxia. Textos seus foron premiados en diversos certames e publicados en obras colectivas, como na antoloxía. No seu despregar (Apiario).

Alén de poñer en práctica a dimensión sonora e corporal do texto e de participar en proxectos escénicos e audiovisuais, realiza obradoiros poéticos e de animación lectora e dirixe e cordina diversos eventos literarios


Tamara Andrés visitou o  IES de Vilalonga este mércores (30/05/18) para levar a cabo un obradoiro de creación poética no segundo curso de  ESO. A escritora estivo dúas sesións con cada un dos grupos para achegalos á poesía e guialos na creación de textos.

A actividade, promovida polo EDLG coa colaboración da Biblioteca e o Departamento de Lingua Galega, tivo moi boa acollida entre alumnos e alumnas e pareceulles moi interesante e entretida.






Agardamos ter de novo a Tamara con nós en pouco tempo.






OBRADOIRO DE BD CON XOSÉ TOMÄS


O martes 17 de abril contamos coa presencia de Xosé Tomás, un dos debuxantes  máis sobresaíntes do panorama actual da ilustración e a BD galegas. Como colaborador na parte  gráfica ou autor do texto e os debuxos publicou moitos traballos, sobre todo no apartado da literatura infantil e xuvenil. Este obradoiro foi dirixido aos alumnos de 4º de ESO, tanto aos de Plástica como a outros interesados no mundo da BD, que puideron gozar da proximidade deste profesional. A charla comezou cunha breve introdución á historia e aos recursos narativos da BD. Unha charla que, dado o reducido número de participantes, foi interrumpida constantemente coas reflexións do alumnado ante as preguntass e as consideracións plantexadas por Xosé. Na segunda parte deste pequeno obradoiro o alumnado tivo a oportunidade de debuxar varias propostas. Unhas encamiñadas a practicar a lóxica narrativa dunha escena en viñetas, outras a experimentar cos globos, os deltas e os encadres e, finalmente, a describir gráficamente varios personaxes. O grao de participación activa neste tipo de talleres fai que sempre se quede curto o tempo empregado neles.