Saída didáctica a Ourense
Visitamos Galiciencia co fin de espertar vocacións científicas e gozar da ciencia, o espectáculo científico celebrado no Parque Tecnolóxico de Galicia (Ourense), feira que se celebra dende 2006, dirixida a estudantes de todas as etapas.
Os nosos alumnos e alumnas de 4º de ESO tiveron a posibilidade de participar en charlas, obradoiros e moitas outras actividades sobre economía circular: A economía circular (EC) ten por obxectivo reducir o impacto das actividades económicas e sociais sobre o medio natural. Para tal fin, non hai mellor acción que eliminar o consumo de todo o “innecesario” e “superfluo”, é dicir, reducir o consumo, tanto no ámbito das empresas como dos consumidores finais (particulares ou administracións públicas). Feito o anterior, dispoñemos de diversas estratexias para ser máis circulares e deste xeito, traballar e acelerar o progreso cara a consecución do ODS 12. do Desenrolo Sostible: Produción e consumo responsables.
Aproveitando a viaxe á cidade de Ourense, visitamos o seu centro histórico, as burgas, a Praza Maior e a súa catedral. Encantounos, sen dúbida Ourense é un destino recomendable!!!

Viaxe didáctica
O 10 de maio o alumnado de 4º da ESO, acompañados polas profesoras de Ciencias Naturais Inés Giménez e Natalia Docampo de Administrativo, visitaron o IES de Montecelo e o CIFP Carlos Oroza, ambos en Pontevedra. O obxectivo era facer dúas visitas guiadas aos ciclos que se imparten nestes dous centros de Fp. Dado o carácter terminal de 4º da ESO é conveniente que o alumnado coñeza as distintas opcións que lle esperan.

Proxecto Revitaliza
O IES de Vilalonga continúa, por segundo ano consecutivo, coa súa formación para abordar o proceso de compostaxe no centro. Primeiro, a través de talleres formativos con alumnado novo de 1º ESO. E segundo, coa formación específica do alumnado de 4º ESO, que formará parte do comité ambiental do centro, encargado de supervisar o plan de recollida de residuos e mantemento do composteiro.
O obxectivo desta iniciativa será facer compost comunitario obtido a partir da descomposición controlada da materia orgánica recolectada no instituto e sempre co asesoramento dos técnicos e técnicas do Plan Revitaliza.















