"Destroza este diario"



Sergio Mora e Sonja Wimmer, xunto co alumnado da escola Llotja ensínannos neste vídeo o proceso de creación-destrución, no que ti tamén podes participar. Trátase do concurso "Destroza este diario". 

Crea, pinta, molla, cuspe, pisa, machuca... e manda o que es capaz de facer a http://www.elartistaerestu.com/

Eduardo Baamonde pintando en Cambados


É un pracer ver  ó noso compañeiro Eduardo Baamonde pintando as súas acuarelas en directo. Neste vídeo podedes comprobalo  con esta sesión ó aire libre por Cambados gravada por Josebe Arrillaga.

"A vida do estudante éche así de dura"



Aquí vos deixo este divertido vídeo creado por estudantes, que recrea o noso imaxinario colectivo como profesorado e alumnado. Especialmente dedicado para o alumnado da selectividade.

Se ides ós comentarios de YouTube atoparedes unha interesante restra de comentarios que dan para analizar desde o punto de vista sociolingüístico.