Dende que o Museo Real do Pado abriu o 19 de novembro de 1819 con fondos
procedentes das coleccións reais, esta institución converteuse nunha das
principais depositarias da memoria pictórica occidental, en punto de
referencia fundamental da cultura española e nun obxecto de orgullo
colectivo. Celébrase este ano o bicentenario da mesma considerada unha das mellores pinacotecas do mundo. Un bo momento para visitala, pois van a facer numerosa exposicións para conmemorar o aniversario.
Amosando publicacións coa etiqueta pintura b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta pintura b>. Amosar todas as publicacións
"A derradeira lección do mestre"
Chega por primeira vez a Galicia, desde o Centro Galego de Bos Aires, "A derradeira lección do mestre" de Castelao.
Este cadro é un óleo de dous metros por 136 centímetros no que Castelao reproduce a lámina número 6 do seu álbum de guerra Galicia Mártir. Segundo Miguel Anxo Seixas, comisario da exposición que poderemos visitar no Museo Centro Gaiás en Compostela, Castelao "volve reproducir en Bos Aires esta obra, xa como pintura, porque quere recuperar dúas datas: unha é o 28 de xuño para lembrar que Galiza ten un estatuto de autonomía pendente e a outra, para lembrar aos mártires galegos, o 17 de agosto, día do asasinato de Alexandre Bóveda".
No cadro e na lámina podemos ver como Castelao representa, co impacto que caracterizan as súas obras, a Alexandre Bóveda, asasinado polos golpistas o 17 de agosto de 1936, mentres dous dos seus alumnos choran diante do seu cadáver. Di Miguel Anxo Seixas que no cadro "Castelao expresa como un home paga co máximo que ten, a súa vida, por defender unhas ideas".
A derradeira lección do mestre forma parte da exposición que poderemos visitar do 5 de outubro ao 3 de marzo na Cidade da Cultura: "Castelao maxistral. A boa obra ao mestre honra".
Día da Ilustración 2018
PARÍS: inverno-primavera 2015
tous les films du studio Ghibli
dessins animés
Apaixona internarse nas tripas deste poderoso edificio e apoderarse durante dúas horas de todos os seus segredos. Grazas tamén polo guía, un funcionario simpático, encantado co seu traballo e de enorme sensibilidade.
"Esta ópera ultramoderna, obra del arquitecto Carlos Ott, fue inaugurada en 1989. Su arquitectura está marcada por la transparencia de las fachadas y por el empleo de materiales idénticos en el interior como en el exterior. Con una gran sala de 2 700 plazas dotada de una acústica homogénea, sus equipos únicos de escena, sus talleres integrados para los decorados, trajes y accesorios, sus salas de entrenamiento y de ensayos, la Ópera Bastille es un gran teatro contemporáneo."
4) Exteriores: Chantilly,
Château de Chantilly e Mussée Condé
Nos arredores de París é fácil encontrarse con enormes espazos públicos de estilo versallesco que podes visitar. Sempre te sorprenden, é un pracer. Este ofrece, ademais dos espazos naturais e arquitectónicos, unha coidada e selecta pinacoteca no museo do castelo.
Rb.
Caderno de viaxe de agosto de 2013 de E. Baamonde
Unha vez máis podemos gozar das acuarelas pintadas polo noso compañeiro Eduardo Baamonde. Estas pertencen ó Caderno de viaxe do verán de 2013. Realizadas en Francia, Suíza e o norte de España.
Eduardo Baamonde pintando en Cambados
É un pracer ver ó noso compañeiro Eduardo Baamonde pintando as súas acuarelas en directo. Neste vídeo podedes comprobalo con esta sesión ó aire libre por Cambados gravada por Josebe Arrillaga.
ROSALÍA debuxada por Eduardo Baamonde
O noso colaborador Eduardo Baamonde agasállanos con estes debuxos de Rosalía para ir adiantando a celebración do aniversario do seu nacemento mañá. Trátase dunha visión da nosa escritora lonxe dos esteriotipos que lle impuxeron durante moito tempo. Así, preséntanos unha muller soñadora, loitadora, que reivindicou Galicia e o dereito a ser muller escritora nunha lingua minoritaria.
Eduardo Baamonde DE ACUARELAS POR SANTIAGO



De acuarelas por Santiago
É o último traballo de Eduardo Baamonde, un amante do deseño gráfico e da pintura que comezou a crear imaxes e a expor a principios da década dos oitenta. Trátase dun libro de pequeno formato cun contido que combina acuarelas e un breve texto explicativo de cada un dos edificios e rúas debuxadas. Pódense atopar, tanto os puntos máis recoñecidos da cidade, como outros recunchos que deberá descubrir o viaxeiro nun percorrido pausado polo centro histórico. O traballo é o froito da súa ambición por facerse acompañar sempre dun caderno e unha caixiña de acuarelas e de deterse a cada paso a observar. «Durante moito tempo isto era só un divertimento máis. Un día púxenme a revisar todo o que pintara e souben que tiña entre as miñas mans algo máis que un mero exercicio gráfico e artístico», asegura Eduardo.
É o último traballo de Eduardo Baamonde, un amante do deseño gráfico e da pintura que comezou a crear imaxes e a expor a principios da década dos oitenta. Trátase dun libro de pequeno formato cun contido que combina acuarelas e un breve texto explicativo de cada un dos edificios e rúas debuxadas. Pódense atopar, tanto os puntos máis recoñecidos da cidade, como outros recunchos que deberá descubrir o viaxeiro nun percorrido pausado polo centro histórico. O traballo é o froito da súa ambición por facerse acompañar sempre dun caderno e unha caixiña de acuarelas e de deterse a cada paso a observar. «Durante moito tempo isto era só un divertimento máis. Un día púxenme a revisar todo o que pintara e souben que tiña entre as miñas mans algo máis que un mero exercicio gráfico e artístico», asegura Eduardo.
Hai dous anos publicou un libro da Mariña luguesa no que se enxalzaban os seus valores paisaxísticos, patrimoniais e gastronómicos por medio dun percorrido a base de acuarelas. O ano pasado sorprendeu cun caderno de viaxe titulada Polo Salnés con Ramón Cabanillas. Tamén realizou un itinerario acuarelístico polos lugares de máis interese cultural do Salnés. «En Galicia non hai case tradición neste tipo de publicacións que si son moi comúns en cidades como Provenza, Venecia, Lyon, Milán, Toscana, Ámsterdam ou París», sinala.
ARTIGO PUBLICADO NA VOZ DE GALICIA O 7/5/10. Begoña Paso redac.arousa@lavoz.es
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)











