Amosando publicacións coa etiqueta RECURSOS. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta RECURSOS. Amosar todas as publicacións

EMPREGAR IMAXES RESPECTANDO O DEREITO DE AUTOR

No blog o lar do Frianciño da Biblioteca do C.E.I.P. Friáns - Teis aparece,xa realizado en 2014, este práctico titorial para aprender a usar imaxes. Unha información que sen dúbida nos será moi útil para fomentar a responsabilidade. É por eso que volvemos a traelo a primeira páxina. Unha vez máis,parabéns os autores e/ou autoras.

"O galego de lenda"



Nesta videocreación das alumnas de 2º de bacharelato: Raquel Amil, Ana Cores, Ana Eirabella, Alba García, Cecilia Lores e Noelia Otero quedan reflectidas algunhas das lendas máis salientables da comarca. 

 Bo traballo rapazas!

Máis María Victoria Moreno

En  PRIMAVERAS DAS LETRAS temos unha serie de recursos para achegarnos á figura de MARÍA VICTORIA MORENO.



Lembremos que María Victoria Moreno foi profesora no noso centro desde o ano 1986 até o ano 1990.

"Human", un documental que non podes deixar de ver



Para todos aqueles alumnos e alumnas que si queren ver o final do documental que comezamos a ver nas clases procurando os testemuños de persoas albinas para que nos iluminasen sobre este problema que estabamos a traballar no libro de Manuel Núñez Singala, Camiños na auga, queda aquí o volume tres onde aparecen. 

E para quen aínda non o viu que saiba que na biblioteca está ó seu dispor. Con testemuños humanos de todas as razas e condicións que van desde o máis estarrecedor ó máis tenro. E con impresionantes imaxes gravadas con drones que nos fan reflexionar sobre o sentido da vida do ser humano desde o máis profundo de calquera recuncho do planeta.

"A min tamén"


Interesante  vídeo que reflexiona sobre os micromachismos cotiáns na boca de coñecidas mulleres de todos os ámbitos da nosa sociedade. Leticia Dolera, actriz e directora; Inés Arrimadas, presidenta do grupo de Ciudadanos no  Parlamento de Cataluña; Eva Amaral, cantante e compositora; Elena Valenciano, eurodiputada do PSOE; Carmen G. de la Cueva, escritora e directora da revista 'La Tribu'; Cristina Cifuentes, presidenta da Comunidade de Madrid; Lucía Mbomío, reporteira de televisión; Teresa Rodríguez, coordinadora de Podemos en Andalucía; Amaya Valdemoro, exugadora de baloncesto; María Blasco, investigadora e directora del Centro Nacional de Investigaciones Oncológicas; Rosa María Calaf, periodista; e Alba Galocha, modelo e actriz. 

Recursos TIC para a NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA


Recursos TIC para a normalización lingüística from Coordinadora Galega ENDL

Presentación de Marcus Fernández (webmaster de Código Cero) empregada na palestra "Avaliación de recursos para a normalización lingüística: as tecnoloxías e os recursos lingüísticos" pronunciada o 15-04-2016 nos XVIII Encontros para a Normalización Lingüística (Consello da Cultura Galega). http://goo.gl/U8AxON

"A lingua dos nenos"


Documental producido por Rinoceronte Editora acerca da perda da lingua materna que sofren os nenos galegofalantes, vista dende a óptica dos seus pais.

"Ariños, aires, Rosalía"

Na exposición "Airiños aires Rosalía", que se pode visitar na Casa do Cabido na Praza das Praterías en Santiago de Compostela até o mes de xuño, o fotógrafo Xurxo Lobato repasa a iconografía e os escenarios vitais de Rosalía de Castro.






















Nesta ligazón podedes atopar unha fotogalería da exposición.

MULLERES A TRAVÉS DO CINE

Todas elas interesantes e algunhas mesmo lindas e moi lindas

The Bostonians (As bostonianas); Reino Unido,1984;
James Ivory

As primeiras sufraxistas bostonianas son burguesas ilustradas que loitan por conseguir a emancipación das mulleres

 Julia(Xulia); EE UU, 1977; Fred Zinnmermann

Lilliann Hellman, futura escritora norteamericana, entabla amizade con Julia, estudante escocesa, pouco antes de que para Europa corran outros malos tempos, o ascenso do nazismo
Linda película!

 Libertarias(Libertarias); España,1996; Vicente Aranda

Un grupo de milicianas anarquistas libra a súa propia batalla contra a sublevación militar de 1936

Thelma & Louise (Thelma e Luísa); EE UU, 1991; Ridley Scott

Thelma e Louise deciden tomarse un fin de semana para romper coa rutina das súas viadas. Este seu intento de vivir en liberdade resulta case un drama
Fermosa e moi interesante!

Suffragette (Sufraxistas); Reino Unido, 2015; Sarah Gavron

O movemento sufraxista naceu en Inglaterra pouco antes da Gran Guerra (1914-1918). Eran mulleres que sairon da clase obreira, do proletariado, e que se radicalizan cando ven que as súas pacíficas protestas non servían para nada. Nesta súa loita son incansables e mesmo deciden exporse a perdelo todo. A protagonista loita denodadamente pola dignidade das mulleres

Unha moi linda película actual!

Concepción Arenal, naceu tal día coma hoxe



Concepción Arenal (Ferrol, 1820 - Vigo, 1893) naceu o 31 de xaneiro de 1820,  foi a impulsora do movemento feminista de finais do século XIX en España.

Esta escritora e penalista galega representa o esforzo da muller por incorporarse á esfera pública no século XIX.

                                   «Abride as escolas e pecharanse os cárceres».
Concepción Arenal

Día da ilustración 2016


Desde o 2014 a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria incluíu no calendario de lectura a celebración do DÍA DA ILUSTRACIÓN en Galicia, coincidindo coa data do 30 de xaneiro, nacemento de Castelao.









Nada mellor para celebralo que poñernos ó tanto das 204 ilustradoras españolas que deberiamos coñecer. Abre esta ligazón e goza coas súas ilustracións.

"Libro do mal amor"



Nesta ligazón poderás atopar este libro con haikus contra a violencia de xénero realizados no IES Laxeiro de Lalín  polo alumnado e o profesorado e coa colaboración de poetas, como Carlos Negro ou Chus Pato, e as artistas plásticas comos Mar García e Aránzazu Diñeiro

Nace DIGALEGO


Este dicionario realizado pola editorial Ir Indo, consta de 65.000 entradas e equivalencias en inglés, alemán ou chinés. A súa novidade con respecto a outros dicionarios en rede é o número de entradas, a posibilidade de equivalencias noutras linguas e a oportunidade de poder acceder á etimoloxía das palabras.

Quédavos xa nas ligazóns sobre lingua deste  blog, pero se queredes introducilo nos vosos o seu enderezo é:


Ir a Digalego: http://goo.gl/qXJp99

"nAmorAndo"


nAmorAndo from el espejo mágico producciones on Vimeo.

"nAmorAndo" é un  vídeo realizado polo alumnado dos centros públicos de 4º de ESO de Pontevedra, que participou no programa do mesmo nome, financiado por este concello. Nel traballáronse diferentes mitos e crenzas erróneas sobre o amor romántico, así como a identificación de comportamentos perigosos na relación de parella.

Trátase dun proxecto de Jone Ojeda. A realización do vídeo é do espejomagicoproducciones.com.  e a imaxe e a realización de Juan Carlos Pérez.

Tamén é interesante achegarnos nas aulas ó seguinte artigo: "Así se adaptan as ilustracións dalgúns contos ós novos tempos"