Amosando publicacións coa etiqueta DÍA INTERNACIONAL DAS MULLERES E AS NENAS NA CIENCIA. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta DÍA INTERNACIONAL DAS MULLERES E AS NENAS NA CIENCIA. Amosar todas as publicacións

EXPOSICIÓN 11 DE FEBREIRO


O  11 de febreiro celébrase o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, na Biblioteca quixemos lembralo cunha pequena exposición de carteis que teñen como temática a algunhas das científicas máis destacadas da historia, pero tamén ignoradas. É importante sacalas a luz, por una cuestión de xustiza e de igualdade.

Espuxemos tamén  libros relativos a mulleres científicas ou, simplemente, importantes do noso pasado. Temos que superar séculos de discriminación e escurantismo, en favor de todas as mulleres e nenas que loitan por gañarse un lugar no mundo das ciencias, aínda en gran parte vetado polos homes.

11 de febreiro día da muller na ciencia






   O día 11 de febreiro celebramos o Día Internacional da Muller e a  
Nena na Cienciano IES Vilalonga, con unha exposición de científicas famosas. O   


obxectivo era mostrar que houbo e hai moitas mulleres cintíficas importantes, pero 



resaltando que son pouco coñecidas e facendo unha chamada a reflexionar o porque de esta 



situación.


Tiramos deste artigo publicado en OK DIARIO:

Moitos son os nomes de científicos famosos que pasaron á posteridade; Charles Darwin en bioloxía, Albert Einstein e Isaac Newton en física, Blaise Pascal en matemáticas ou Sigmund Freud en psicoloxía son algúns exemplos. Con todo, é certo que as mulleres científicas sempre foron relegadas a unha posición secundaria, case sempre apartadas dos focos e dos grandes descubrimentos. Con todo, ao longo da historia si que xurdiron varias mulleres científicas cuxos logros non puideron ser ocultados, pois
supuxeron un gran avance para a ciencia e, polo tanto, para a humanidade. Para mostrarlles o noso recoñecemento, e para animar o resto de futuras mozas de ciencia, brindámosvos esta listaxe con algunhas das máis destacadas (segundo a relevancia dos seus descubrimentos, ao noso parecer).