Amosando publicacións coa etiqueta Sociolingüística. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Sociolingüística. Amosar todas as publicacións

"A lingua dos nenos"


Documental producido por Rinoceronte Editora acerca da perda da lingua materna que sofren os nenos galegofalantes, vista dende a óptica dos seus pais.

"Eu digo"



"Eu digo..." é unha creación nacida no IES Dionisio Gamallo de Ribadeo en reacción cómplice ó video anterior de "Ghalegho".  Ambos os dous son dúas reivindicacións necesarias das nosas variedades dialectais.

"Ghalegho"



Unha curta sobre a autoestima dos nosos fenómenos lingüísticos dialectais e normativos, tan fortemente prexuizados durante anos.

"Verbas"



Esta curta pretende alentar á dignificación e defensa da nosa lingua. Foi creada e dirixida por Andrea Maseda Prado. Gañou un premio ó mellor guión do II Concurso de Curtas Sociolóxicas da UCD.

As linguas minoritarias en Europa




As linguas minoritarias dependen da lexislacións de cadanseu estado, de aí que estean protexidas e sexan promocionadas por uns, mentres están a ser maltratadas por outros.

A Carta Europea de defensa das linguas rexionais ou minoritarias (CELRM) foi asinada por 31 estados o 5 de novembro de 1992 e establece que os adherentes, entre eles o Estado español, comprométense a cumprir os seus artigos e contribuír a manter e desenvolver a riqueza cultural de Europa e as súas tradicións, e recoñece as linguas rexionais ou minoritarias como expresión da riqueza cultural.

Obradoiro "Linguas Cruzadas"

O pasado día 28 de xaneiro o alumnado de 1º de bacharelato realizou un obradoiro de sociolingüística sobre o documental "Linguas Cruzadas" da man da profesora e autora de "Falar galego: no veo por qué", Ana Iglesias.

"A historia dunha lingua asoballada"


Interesante documental de Andrea Soak (Andrea Martínez), realizado en Cangas e Santiago, no que aparecen testemuños de mestres, políticos de esquerdas e dereitas, estudantes e xentes da rúa para tratar de enxergar de onde proceden os nosos problemas diglósicos actuais.

Está dedicado "ós que loitaron na época franquista e na transición polo noso idioma; e ós que o fan hoxe en día"

" A letra miúda"

A Coordinadora Galega de ENDL edita o primeiro número de A letra miúda, unha publicación dixital dirixida ao profesorado dos centros de ensino non universitario.

Trátase dunha revista dixital que pretende a autoformación do profesorado en cuestións de sociolingüística básica orientadas cara ó ensino