Amosando publicacións coa etiqueta Luís Davila. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Luís Davila. Amosar todas as publicacións

Un cantar de cego para espallar as cantigas de M. Codax.

Foto de Área De Normalización Lingüística.

Foto de Área De Normalización Lingüística.
.
Foto de La Voz de Galicia.

Un CANTAR DE CEGO  espalla as cantigas de Martin Codax por 22 vilas de toda Galicia acompañado do panel ilustrado por Luís Davila e interpretado por Luis Correa, O Carrucho, e Chus Iglesias

"A lingua dos nenos"


Documental producido por Rinoceronte Editora acerca da perda da lingua materna que sofren os nenos galegofalantes, vista dende a óptica dos seus pais.

Exposición de Luís Davila (O Bichero)

 

Durante a segunda quincena do mes de maio e este mes de xuño contamos no noso centro coa exposición de viñetas do debuxante LUÍS DAVILA, O BICHERO. O autor coñecido por publicar diariamente unha viñeta de humor, moi moi galego no Faro de Vigo, vén tamén de publicar o seu libro O Bichero, menudo día

Contamos con esta exposición grazas á inestimable colaboración do IES Armando Cotarelo Valledor de Vilagarcía, que nola cedeu amablemente. Foi un éxito entre profesorado e alumnado. Os rapaces de 1º de ESO estiveron a traballar nela, describindo estas viñetas de grande retranca galega nos seus cadernos e estudando a linguaxe da banda deseñada, que xa viran ó preparar os seus traballos para o concurso de cómic que leva  á publicación da revista Enórmic Banda.