Amosando publicacións coa etiqueta humor. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta humor. Amosar todas as publicacións

"Parodia de 2º de bacharelato B"



Videocreación realizada para a materia de lingua e literatura galega. Curso 2014-15. IES de Vilalonga.

Nesta parodia a temática xirou ó redor do profesorado que lles impartiu clase este ano e as reaccións dun alumnado que sobrevive a un curso tan estresante como é o de 2º de bacharelato. 

Alumnado de 2º de bacharelato B: Tamara Abal, Martín Carramal, Mª Victoria Castro,Samantha Díaz, Alejandro Domínguez, Rebeca Entenza, Laura Ferreira, Darío Ferreira, Emma González, David Güimil, Marcos Martínez, Sara Martínez, J. Adrián Méndez, Ana Otero, Lucía Otero, Sara Ozores, Lucía Pérez, Tamara Soutullo, Ángela Torres e Antón Torres.

"Parodia TVG"

O alumnado de 2º de bacharelato A ( Miguel Moldes, Adrián Agraso, Antón Rial, Francisco Prol, Santiago García, Jose Pazos, José Filgueira, Alberto González, Xoel Otero, Álvaro Insua, Carlos Besada, Sergio Muiños, Alba Gándara, María José Bouzada, Daniel Conde, Martín Domínguez, Raquel Mouco, Elena Pérez, Diego Trigo, Marta Otero, Lúa Martínez, Marcos Soutullo, Vanessa Fernández, Almudena Martínez, Noelia Figueroa) realizou a seguinte videocreación parodiando a TVG dunha maneira moi sui generis.


"PODEMOS, O PRESTIGE E A CARRETAXE DE VOTOS"



Unha nova entrega das nosas videocreacións en lingua galega para celebrar as nosas peculiares Letras Galegas, que máis ben son Palabras Galegas Vivas. Neste caso trátase de alumnado de 2º de bacharelato B: Martín Carramal Meis, Marcos Martínez Cendón e Darío Ferreira Martínez e a temática xira cara á parodia da actualidade política.

Dicionario de "carallos galegos"






Desde a materia de lingua e 
literatura galega de 2º de bacharelato "animei" o alumnado a que traballasen a oralidade desde distintos puntos de vista. Unha destas formas sería a realización dunha videocreación de tema libre, na que se traballase a dicción, a posta en escena, a imaxinación, a actuación ou teatralización para perderlle o medo a falar en público e facelo, claro está, en lingua galega. É a nosa peculiar maneira de celebrar o idioma propio.



Aquí vos deixo o primeiro vídeo froito deste traballo realizado por un grupo de alumnado de 2º de bacharelato C: Nerea Aragunde, J. Antonio González, Silvia Morgade, Andrea Oubiña, Paula Prieto, Brenda Rodríguez e Isabel Uzal, no que a través do rexistro cómico-paródico versionaron un particular dicionario da familia léxica da palabra "carallo", algo tan noso e singular que amosa como esta familia está tan inserida no noso léxico cotián a través da fraseoloxía común con múltiples significados. 

En definitiva, os galegos somos "caralludos" porque nos gusta a "carallada"

Exposición de Luís Davila (O Bichero)

 

Durante a segunda quincena do mes de maio e este mes de xuño contamos no noso centro coa exposición de viñetas do debuxante LUÍS DAVILA, O BICHERO. O autor coñecido por publicar diariamente unha viñeta de humor, moi moi galego no Faro de Vigo, vén tamén de publicar o seu libro O Bichero, menudo día

Contamos con esta exposición grazas á inestimable colaboración do IES Armando Cotarelo Valledor de Vilagarcía, que nola cedeu amablemente. Foi un éxito entre profesorado e alumnado. Os rapaces de 1º de ESO estiveron a traballar nela, describindo estas viñetas de grande retranca galega nos seus cadernos e estudando a linguaxe da banda deseñada, que xa viran ó preparar os seus traballos para o concurso de cómic que leva  á publicación da revista Enórmic Banda.