Amosando publicacións coa etiqueta MULLER. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta MULLER. Amosar todas as publicacións

8M, DÍA INTERNACIONAL DA MULLER







Hoxe celébrase o día Internacional da Muller.
Como sabedes, o noso centro sempre está traballando na defensa pola igualdade e neste día non ía ser menos. O equipo de Igualdade coa colaboración do alumnado realizou unha exposición fotográfica onde se mostra a vida cotiá de mulleres actuais de todas as idades e onde se visibiliza a labor do home dentro do fogar.
Reparade ben nela no corredoiro do edificio 1!

Non vos esquezades que na nosa Biblioteca temos un recuncho enteiro adicado á Igualdade onde atoparedes diferentes libros. E que dicir das obras escritas por mulleres, xa sabedes que temos todas as posibles.

Exposición: "Rompe, xoga en igualdade"


A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, xunto á deputada de Igualdade, Isaura Abelarias, e ás artistas creadoras da mostra, Isabel Blanco e Irene Silva, presentaron a exposición: «Rompe. Xoga en igualdade», unha mostra que utiliza a famosa boneca «Barbi» para denunciar de forma impactante e rompedora a desigualdade entre mulleres e homes. É, segundo Carmela Silva unha “exposición vangardista, unha exposición para golpear as conciencias".

No IES Vilalonga organizamos a nosa pequena exposición da mesma con dous catálogos que trouxo a profesora de Lingua galega, Salomé Díaz. Pareceunos unha boa idea recordar a igualdade entre homes e mulleres mediante a imaxe e a poesía visual.O alumnado pode vela no panel de entrada do edificio 1, dende o 10/04/2018 ata o 30/04/2018.
Podedes visitar virtualmente a mostra na seguinte ligazón: https://youtu.be/GKxiQGfY3os

"A min tamén"


Interesante  vídeo que reflexiona sobre os micromachismos cotiáns na boca de coñecidas mulleres de todos os ámbitos da nosa sociedade. Leticia Dolera, actriz e directora; Inés Arrimadas, presidenta do grupo de Ciudadanos no  Parlamento de Cataluña; Eva Amaral, cantante e compositora; Elena Valenciano, eurodiputada do PSOE; Carmen G. de la Cueva, escritora e directora da revista 'La Tribu'; Cristina Cifuentes, presidenta da Comunidade de Madrid; Lucía Mbomío, reporteira de televisión; Teresa Rodríguez, coordinadora de Podemos en Andalucía; Amaya Valdemoro, exugadora de baloncesto; María Blasco, investigadora e directora del Centro Nacional de Investigaciones Oncológicas; Rosa María Calaf, periodista; e Alba Galocha, modelo e actriz. 

MULLERES A TRAVÉS DO CINE

Todas elas interesantes e algunhas mesmo lindas e moi lindas

The Bostonians (As bostonianas); Reino Unido,1984;
James Ivory

As primeiras sufraxistas bostonianas son burguesas ilustradas que loitan por conseguir a emancipación das mulleres

 Julia(Xulia); EE UU, 1977; Fred Zinnmermann

Lilliann Hellman, futura escritora norteamericana, entabla amizade con Julia, estudante escocesa, pouco antes de que para Europa corran outros malos tempos, o ascenso do nazismo
Linda película!

 Libertarias(Libertarias); España,1996; Vicente Aranda

Un grupo de milicianas anarquistas libra a súa propia batalla contra a sublevación militar de 1936

Thelma & Louise (Thelma e Luísa); EE UU, 1991; Ridley Scott

Thelma e Louise deciden tomarse un fin de semana para romper coa rutina das súas viadas. Este seu intento de vivir en liberdade resulta case un drama
Fermosa e moi interesante!

Suffragette (Sufraxistas); Reino Unido, 2015; Sarah Gavron

O movemento sufraxista naceu en Inglaterra pouco antes da Gran Guerra (1914-1918). Eran mulleres que sairon da clase obreira, do proletariado, e que se radicalizan cando ven que as súas pacíficas protestas non servían para nada. Nesta súa loita son incansables e mesmo deciden exporse a perdelo todo. A protagonista loita denodadamente pola dignidade das mulleres

Unha moi linda película actual!

Manifestación contra a violencia de xénero no IES de Vilalonga

O pasado 25 de novembro o IES de Vilalonga fixo patente que rexeita todo tipo de violencia e, coincidindo co Día internacional contra a violencia de xénero,  manifestámonos á entrada do instituto alumnado, profesorado e demais persoal do centro. Ogallá non teñamos que escoitar mais novas sobre agresións ou mortes froito da falla de racionalidade da raza humana.


"nAmorAndo"


nAmorAndo from el espejo mágico producciones on Vimeo.

"nAmorAndo" é un  vídeo realizado polo alumnado dos centros públicos de 4º de ESO de Pontevedra, que participou no programa do mesmo nome, financiado por este concello. Nel traballáronse diferentes mitos e crenzas erróneas sobre o amor romántico, así como a identificación de comportamentos perigosos na relación de parella.

Trátase dun proxecto de Jone Ojeda. A realización do vídeo é do espejomagicoproducciones.com.  e a imaxe e a realización de Juan Carlos Pérez.

Tamén é interesante achegarnos nas aulas ó seguinte artigo: "Así se adaptan as ilustracións dalgúns contos ós novos tempos"

"Principiñas e Princesiños"


Principiñas e Princesiños from el espejo mágico producciones on Vimeo.


O programa nAmorAndo financiado polo concello de Pontevedra traballou na identificación e expresión das emocións dos nenos e rapaces, na procura de tentar romper con estereotipos sexistas e reflexionar sobre os tópicos do amor romántico.

"Principiñas e Princesiños" é un vídeo que recompila as mensaxes do alumnado de 4º de Primaria dos colexios públicos de Pontevedra.

Trátase dun proxecto de  Jone Ojeda (joneojedapsicologa.es) O vídeo foi realizado por el espejo mágico producciones (espejomagicoproducciones.com). Imaxe, edición e realización: Juan Carlos Pérez Ilustracións: Tania Solla Animación: Jose Aragunde. 


Para seguir a afondar no estereotipo feminino é interesante tamén o seguinte artigo: "Non son bonita, son forte: o movemento contra os estereotipos das mulleres"

"MATRIARCAS" PARA O DÍA DA MULLER



Mágoa que teñamos que seguir reivindicando este día na procura de demostrar que somos iguais na diferenza. 

Unha mostra do seu labor creador e, asemade, unha homenaxe ás nosas MATRIARCAS esta canción de Guadi Galego

Mulleres de premio.



Alice Munro acaba de acadar o Premio Nobel de Literatura. Converténdose así na décima terceira muller que consegue este galardón. A esta nómina tamén podemos engadir a recentemente falecida Doris Lessing.


Outra muller premiada nestes últimos días pola súa dedicación literaria é a mexicana Elena Poniatowska, neste caso co Premio Cervantes.


Non perdades a oportunidade de achegarvos á obra de calquera destras tres autoras.

Días De Cine En Melancólica Primavera

 Carlos Boyero, crítico de cine, fai pouco tempo no seu  aniversario recordaba catro películas que o emocionaran especialmente: 
O buscavidas,  O importante é amar, O último tango en París e Léolo

1) O buscavidas (The Hustler), de Robert Rossen (1961). Drama
 
Excelente película e magnífica interpretación de Paul Newman e Jackie Gleason. Só me resta dicir que a beleza destes actores foi eclipsada pola súa outra beleza, a da  interpretación, e coma tantas veces esta última é a que importa, a que agranda  as demais.

2) O importante é  amar  (L’important c’est d’aimer), de  

Andrzej Zulawski (1975). Drama

Para moitas xoves dos anos setenta Romy Schneider, Paul Newman e tantos outros foron  soños entón e seguen sendo mitos que acompañan as nosas vidas. Detrás viñeron outras mociñas que riron e choraron com eles... Longa vida...!
Crítica
“Mágico encuentro con un cine que busca la emoción, que desconoce el falso pudor, que arremete y conmueve, que remueve el corazón y las tripas y que permanece en la memoria selectiva y en sus sensaciones más íntimas. Ejerce de catarsis”            
Carlos Boyero

“Filme sobrevalorado con la invasora presencia de Schneider: nunca tanta luz creó tanta oscuridad como el rostro de esta mujer”                        

 Ángekl Fernández Santos
3) O último tango en París  (Last Tango in París), de Bernardo Bertolucci 1972. Drama erótico
Nos últimos anos do franquismo moitas persoas vimos este filme fóra e dentro do país...

E outras...
4) A Encaixeira (La Dentellière), de Claude Goretta 1977. Drama
Unha noviña Isabelle Hupper revélase aqui como a grandísima actriz que vai ser. De xove saín desta película con rabia e dor. Nunca a esquecín. A nai dela non lle dixo que sendo pobre, fermosa e intelixente o que debería facer na vida, antes de nada, era estudar. E o estudante, que ela coñeceu en Normandía,  non aprendeu nos libros a escoitar a mirada, non aprendeu na Universidade a se desfacer da sombra de súa nai, que libros lería? Que pena de tanto estrago!

5) América, América  (America, America)

de Elia Kazan

1963. Drama. Emigración/Inmigración
Stavros é um xove grego que vive em Anatolia coa súa família e soña con América. Nada vai ser fácil.  Vista agora é coma um mareo, coma se nós volveramos atrás, aos tempos da película...          
6) A guerra dos botóns  (La nouvelle guerra des boutons), de Christopher Barratier  2011. Comedia de aventuras.
Versión da película clásica. Un ciclo de películas pensadas para o proxecto “ Cine e educación” (La guerra de los botones, Los chicos del coro…). Con esta película volvemos á infancia, ás guerras dos maiores vistas e vividas polos cativos.         

7) Another year (Another year) , Mike Leigh 2010. Comedia dramática

 cine no teatro,  teatro no cine…,  o decorrer da vida cotiá  con toda a súa humanidade          

8) Ludwig. Luis II de Baviera, o rey  tolo (Ludwig II) 

de LuchinoVisconti 1972. Drama histórico

A decadencia  axexa a este mecenas,  breve rei tolo de Baviera, exquisito soñador unicamente protexido e comprendido pola súa prima "Sissi" Emperatriz de Austria. Unha vez máis, unha gran película de L. Visconti. Marabillosa Romy Schneider.

Todas elas están na Biblioteca do centro!
ERey                         

UNHA ESCRITORA DE L.I.X. NA ACADEMIA


Fina Casalderrey Fraga, nova académica electa

RAG (Real Academia Galega) acaba de elixir a Fina Casalderrey como académica numeraria
Con Fina entra na Academia unha muller (por méritos propios) pero tamén a literatura infantil e xuvenil. Diso vai tratar o seu discurso de entrada,  escoitaremos esas palabras que tratan desta literatura non sempre asumida como LITERATURA (con maiúsculas).
Realmente estamos de noraboa, pois sentímonos moi ben representadas por esta muller que entre outros conta con Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil. Unha muller que ademais é mestra (¿acaso se deixa de ser por non ir xa á escola?) e, polo tanto, mediadora do libro. Unha académica de luxo!
A escritora Fina Casalderrey
A escritora Fina Casalderrey.
A escritora pontevedresa conta cunha longa e recoñecida traxectoria no eido da literatura dirixida aos lectores novos.

Fina Casalderrey (Pontevedra, 1951) é autora de máis de medio cento de obras traducidas –entre outras linguas- ao portugués, ao castelán, ao catalán, ao eúscaro ou ao bretón, polas que foi galardoada con numerosos premios entre os que se contan o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil por O misterio dos fillos de Lúa, e o Premio Edebé de Literatura Infantil e Xuvenil por O estanque dos parrulos pobres.
A nova académica ten participado ademais, ao longo da súa longa experiencia como docente, en numerosos proxectos de investigación pedagóxica e de promoción do galego no ensino.
A súa incorporación á Academia supón, asemade, un recoñecemento da importancia da produción destinada aos máis novos no desenvolvemento e normalización da nosa literatura.
FONTE: RAG e Rede Lectura.