O alumnado do IES de Vilalonga foron a visitar EDUGAL
![]() |
Seguimos vendo imaxes da visita a Edugal.
![]() |
O alumnado do IES de Vilalonga foron a visitar EDUGAL
![]() |
![]() |
Como
proxecto para o Traballo de Fin de Mestrado, a alumna que estaba a
facer as prácticas no Departamento de Orientación organizou unha
BIBLIOTECA HUMANA SOBRE ITINERARIOS PROFESIONAIS.
O alumnado de 4º da ESO e 2º de FPB puido escoitar a 6 persoas diferentes que se dedican a 6 campos profesionais distintos contar a súa historia, tanto laboral como académica, que os levou a chegar alí.
O obxectivo era poder ter diferentes perspectivas sobre a vida académica e profesional, tendo en conta que non pasa nada se se equivocan, que poden chegar a desenvolver un traballo que os faga sentir satisfeitos aprendendo dos erros cometidos no camiño.
Este mércores o CIM en colaboración co Concello de Sanxenxo instalou no centro un stand dentro do programa "Agresión off". Varios grupos de estudantes puideron visitalo, xogar a diversas actividades e recibir formación sobre prevención da violencia contra a muller. Foi unha iniciativa que contribuíu a concienciar e educar no respecto.
Durante as últimas semanas, o alumnado de 2º da ESO participou nunha actividade organizada desde o Concello de Sanxenxo sobre "Relacións afectivo sexuais saudables para a prevención das violencias machistas" Obxectivo principal das 4 sesións de formación que tivo o alumnado foi fomentar a igualdade de trato e rexeitar todos os tipos de violencia de xénero.
Actividade de sensibilización en TEA
Onte, o alumnado de 2º da ESO recibiu unha charla de sensibilización no Trastorno do Espectro Autista por parte da Fundación Menela. Esta actividade está dentro das propostas da liña INCLÚE-T dos Contratos-programa.
Esta semana o alumnado de 3ºESO e 4ºESO participou con representantes de ARELAS, Asociación de familias de menores trans, nunhas charlas sobre diversidade sexual, tan necesarias para o coñecemento e formación no respecto da diversidade en todos os aspectos da sociedade, pero nesta ocasión poñendo a atención na defensa dos dereitos dxs nenxs e adolescentes trans en todos os ámbitos da vida.
O día 10 de decembro contamos coa visita dun membro do programa A Ponte que impartiu unha conferencia ao alumnado de 2º de bacharelato e 2º ciclo superior de administrativo.
Desde o Programa “A Ponte entre o Ensino Medio e a USC”, como o seu nome indica, queren facer de ponte entre o estudantado de Ensino Medio e a USC, para informar e orientar ao futuro estudante universitario, para que poida elixir os estudos que máis se adapten ás súas preferencias.
O Programa leva en funcionamento dunha forma estruturada desde o curso 2003-2004 e pretende dar a coñecer a oferta académica e o contexto investigador, social, cultural e espacial da Universidade en que se desenvolven eses estudos.O fío condutor é a difusión do que é a Universidade de Santiago de Compostela: as súas titulacións, a investigación, os servizos académicos, pero tamén o que é a contorna en que se desenvolve a actividade universitaria: servizos de residencia, culturais, deportivos, asociativos, etc. En fin, o que é a vida nunha universidade inserida en pleno corazón de dúas cidades históricas (Lugo e Santiago de Compostela).
Organizaron esta actividade a Subdirectora do Centro: Lidia Fernández Pastoriza xunto co Departamento de orientación: Sara Gómez Camiña.
A finais do curso pasado o Departamento de Orientación realizou unha enquisa ao alumnado, para valorar o estado da convivencia entre iguais no I.E.S de Vilalonga. Como resultado da información obtida a partir desta enquisa, puxemos en marcha un plan para mellorar a convivencia e previr o acoso escolar. Para empezar contactamos, inicialmente, cos institutos máis próximos a Vilalonga e invitámolos a unirse a nós nun itinerario de convivencia tutelado polo Centro de Formación de Profesorado de Pontevedra, dentro dos PFPP (Plans de Formación Permanente de Profesorado). Sumáronse a este proxecto o I.E.S de Bizocas (O Grove) e o I.E.S. Portonovo (Baltar).