O día 15 de marzo de 2018 tivo lugar no IES deVilalonga unha conferencia organizada polo Departamento de Orientación, nela a Garda Civil espuxo os riscos aos que nos enfrontamos, sen darnos conta, cando usamos internet. O alumnado asistente foi primeiro de Fp básica de Administrativo e de Mecánica,quenes manifestaron, tras a mesma, que lles resultou interesante e instructiva. Os obxectivos eran:
- Dar a coñecer os riscos en internet.
- Concienciar ao alumnado da necesidade de protección das súas actividades en internet.
- Intertar explicar que todo o que colguen ou publiquen queda exposto a todo o mundo se non se toman precaucións.
- Dar a coñecer a abundante delincuencia que circula polas redes a espera de posibles vítimas.
- Previr das posibles consecuencias dun uso inadecuado das mesmas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario