O alumnado da materia de Historia da Arte xunto coa súa profesora Mª Teresa Fidalgo baixaron a ver a exposición de "As mulleres na arte". Fixeron grupos de dous ou tres membros, e cada grupo leu un dos paneis.
Os obxectivos eran:
- Fomentar a curiosidade e o interese do alumnado polas actividades realizadas no Centro.
- Formar sobre o papel da muller e a súa discriminación na Historia da Arte.
- Concienciar sobre a desigualdade de xénero a nivel histórico e na actualidade.
- Desenvolver capacidades como: a observación, a síntese, o compañeirismo e a expresión oral.
O resultado foi positivo e enriquecedor. Fixemos unha clase diferente na que os protagonistas foron os alumn@s.
Ningún comentario:
Publicar un comentario