O martes 9 de outubro celebrouse unha conferencia no IES de Vilalonga sobre o maltrato de xénero: como detectalo, que facer sendo a vítima ou simple espectador do mesmo, etc.
Este ciclo de conferencias está organizado pola Deputación de Pontevedra, o Concello de Sanxenxo e o CIM (Centro de Información as Mulleres).
En primeiro lugar déuselle unha charla ao alumnado de 4º da ESO, despois proxectaron curtos feitos por alumnado de outros centros educativos nos cursos pasados, que a continuación se comentában e se reflexionaba sobre o seu contido.
Os conferenciantes propuxeron ao alumnado asistente participar nun concurso de guións titulado"Curtas contra as violencias de xénero"convocado polo concello de Sanxenxo para empregar o cine como ferramenta de sensibilización e concienciación para a prevención da violencia de xénero(según as súas propias palabras). O concurso vai dirixido ao alumnado de 2º, 3º e 4º da ESO.
Bases do concurso:
- O obxectivo e elaborar un guión que teña como mensaxe a prevención da violencia de xénero.
- Os traballos deben promover valores ligados á prevención deste tipo de violencia.
- Pódese participar individualmente ou por grupos (máx. 3 persoas).
- O guión estruturarase nun máximo de seis esceas.
- Deberá levar obrigatoriamente: un título, unha sinopse e unha mensaxe didáctica final.
- Todos os traballos serán orixinais.
-Criterios de valoración:contidos e promoción de valores, mensaxe didáctica e orixinalidade.
O prazo de presentación remata o 5 de novembro de 2018
Ningún comentario:
Publicar un comentario