O 24 de outubro é o Día da Biblioteca Escolar, para celebralo cos nosos lectores colocamos unha mesa na entrada con libros dos que hai demasiados exemplares ou que foron donados por profesores, a Deputación, etc. Por suposto podían escoller e levar os que lles gustasen, non quedou ningún. Boa lectura!!!!!
Non queremos que esta biblioteca sexa ningún “templo de silencio”, senón
máis ben un espazo para o son, para o ruído. Unha biblioteca que xa é o
lugar máis fermoso do instituto. Un espazo para desexar ir buscar
lectura, pero tamén amizade, soños compartidos. Así que unha biblioteca
non é só un lugar no que convidar a ler, senón tamén, ou por iso, un
lugar no que convidar a escribir. As bibliotecas do século XXI son, teñen que ser o sementeiro de novas novelas, novos monolitos, mouteiras do noso futuro. Se o século XX foi sen dúbida o século da lectura, o século XXI pode chegar a ser o século da escritura, xa o está sendo. Gonzalo Moure
Ningún comentario:
Publicar un comentario