Santiago 2/10/2018 - A catedrática de Microbioloxía e directora do Grupo de Patoloxía en Acuicultura da Universidade de Santiago de Compostela (USC), Alicia Estévez Toranzo, foi recoñecida polo Pleno da Unidade de Muller e Ciencia co Premio María Josefa Wonenburger Planells 2018.
Estes premios Wonenburguer, promovidos pola Xunta de Galicia a través da unidade de Muller e Ciencia, buscan resaltar as traxectorias relevantes de mulleres nos sectores da ciencia e a tecnoloxía, e o seu nome pretende ser unha homenaxe á figura da matemática coruñesa, pioneira e referente feminino internacional por ser unha adiantada ao seu tempo.
Alicia Estévez Toranzo é licenciada en Bioloxía e Farmacia e catedrática de Microbioloxía da USC desde o ano 1991.
Durante a súa carreira promoveu unha decena de patentes de vacinas que
preveñen enfermidades en peixes de interese comercial, fundamentalmente
rodaballo e troita.
Páxina Web: Mis peces.com
Páxina Web: Mis peces.com
Ningún comentario:
Publicar un comentario