Amosando publicacións coa etiqueta universidade. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta universidade. Amosar todas as publicacións

Marchamos á universidade!





O Departamento de Orientación organizou unha charla para os alumnos de 2º de bacharelato, o profesor catedrático de matemáticas, Luís Hervella Torrón coordinador do programa "A ponte entre o Ensino Medio e a USC" deu unha conferencia o pasado día 5 de maio.



Algúns dos temas tratados foron a nova selecividade ou Avaliación de Bacharelato para o Acceso á Universidade (ABAU), as notas de corte, a matrícula universitaria, as bolsas de axuda, as residencias, os distintos campus da Comunidade Galega e o Plan Bolonia.



O profesor Hervella foi moi entretido e deu unha información ampla e detallada do futuro inmediato deste alumnado, que valorou positivamente a súa visita.






MESA REDONDA "A UNIVERSIDADE EN PRIMEIRA PERSOA"

Mañá venres 8, ás 16h30, no Salón de Actos do IES de Vilalonga, terá lugar unha mesa redonda organizada polo Departamento de Orientación na que intervirán varios exalumnos e exalumnas do centro para contarlle ao alumnado de 1º e 2º de Bacharelato e a todas aquelas persoas ás que lles poida interesar a súa experiencia na universidade. Esperamos a vosa asistencia!

Chen Zhen : Table Ronde, 1995.  Centre Pompidou -París 2015-  Foto de Noli.

Participantes:

JAVIER CAL (Estudante de Relacións Laborais na USC)
NOELIA CASAL (Estudante de Tradución e Interpretación na Universidade de Vigo)
DAMIÁN GÓMEZ (Estudante de Ciencias Políticas na USC)
ESTEFANÍA LÁZARO (Estudante de Enfermería na USC)
JESÚS LEIRO (Estudante de Filoloxía Inglesa na USC)
SANDRA MORAÑA (Estudante de Químicas na USC)
LOLI VARELA (Estudante de Químicas na USC)
SANDRA VIEITEZ (Estudante de Matemáticas na USC)