Amosando publicacións coa etiqueta ONG. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta ONG. Amosar todas as publicacións

Membros da ONG Entreculturas visitan o noso centro


O martes 26 de abril viñeron ao IES de Vilalonga Yanina Garbesi (coordinadora do Protagonismo Xuvenil Organizado en F e A  Arxentina) e  Carmen  Analía Cortes Aranda (xoven egresada dos colexios de F e A Arxentina e líder xoven nos proxectos de PJO). 

Ambas son membros activos da ONG Entreculturas, despois da participación do grupo representativo do IES de Vilalonga no encontro que esta asociación fixo en Guadarrama, visitáronos e faláronnos das actividades que levan a cabo no seu país para evitar desigualdades educativas e axudar a poboación con menos recursos a superarse mediante a educación. 

Fixeron fincapé na situación que destapou a pandemia do COVID-19 que permitiu observar que non todos os nen@s e mozos/as puideron acceder a educación, debido a distintos factores entre eles a fenda dixital e a falta de recursos.

Esta ONG tamén traballa a prol do medio ambiente e da igualdade de xénero, pretende ser un movemento organizado de loita e solidariedade das causas con frecuencia esquecidas.

Podes poñerte en contacto coa rede solidaria de Entreculturas a través de: https://WWW.instagram.com/redec_ec_

 

Entreculturas no IES de Vilalonga.



       O martes 7 de maio, un grupo de alumnas e alumnos quedamos a comer no

 instituto para participar, de 3 a 4 tarde, nun obradoiro chamado "É a hora da 

igualdade", que foi animado por Lorena e Abel, traídos pola fundación Entreculturas. 

 Pasámolo ben reflexionando sobre a situación actual da igualdade de xénero e

 imaxinando planetas futuros alumeados por estrelas de xustiza, compromiso e 

igualdade"











UN MUNDO DE ENCONTROS PARA CAMBIAR O MUNDO


O martes 10 de abril, Abel, monitor representante da fundación Entreculturas, veu ao IES Vilalonga a dar un obradoiro chamado: "Un mundo de encontros para cambiar o mundo". Antes de empezar, comemos todos xuntos. Nese obradoiro participaron os nove alumnos e alumnas do grupo solidario máis outros catorce alumnos/as que se quixeron sumar, de 1º, 2º e 3º da ESO, e 1º e 2º de Bacharelato. Durante unha hora e media Abel fíxonos pensar na importancia da educación para que o mundo funcione mellor e non haxa desigualdades. Partindo dunha reflexión sobre as fortalezas de cada persoa, de onde veñen e a onde nos poden levar, representadas nunha árbore, fomos animados a implicarnos na transformación social. Algúns nos demos conta de que nos empezamos a concienciar para a solidariedade.

Encontro: "Entreculturas".





O mércores 4 de abril de 2018 recibimos a visita dun grupo de alumn@s do colexio "Xesús Maestro de Ferrol. Este centro está "irmandado" co IES Vilalonga a través da Rede Solidaria da Mocidade da fundación Entreculturas. Acompañados pola profesora Ana Martín, o grupo de Xesús Maestro foinos contando e amosando, con fotos e vídeos, como o alumnado pode ser axente activos no cambio, facendo que o mundo mellore se nos movemos en clave solidaria. Así nolo contaron aos de 2º ESO A, e a 3º ESO A e B a sexta hora da mañá.
   Deixaron de recordo un cartel-manifesto que reforza os lazos de unión entre os dous centros. Ao rematar este acto, os compañeiros/as do grupo solidario de entre-culturas do noso IES  quedamos a comer cos de Ferrol e pasamos uns bos momentos de lecer no patio, facendo por coñecernos mellor. Eles marcharon camiño de Vigo, onde recolleron un premio por un vídeo solidario que realizaron. 

Día completo!!!! Que volvamos a encontrarnos.

CHARLA DE MIRIAM RIAL SOBRE A SÚA EXPERIENCIA COMO COLABORADORA DUNHA ONGD

Como pasa o tempo e como se van facendo maiores os nosos alumnos e alumnas buscando o seu lugar e o seu camiño na vida. Hai uns días unha exalumna do centro, Miriam Rial Alonso, veu falar da súa experiencia como colaboradora da ONGD Solidariedade Internacional de Galicia ao alumnado de 3º ESO.
Esta ONGD promove e participa en Proxectos de cooperación internacional, axuda humanitaria e de emerxencia, educación para o desenvolvemento e sensibilización e    comercio xusto entre outros.
Miriam entrou en contacto con esta ONGD na Universidade de Santiago onde estudou Socioloxía. Ao rematar os seus estudos marchou a Nicaragua onde viviu experiencias que como ela mesma di lle cambiaron a maneira de ver as cousas.
Quizais o que mais lle chamou a atención é o felices que poden ser con tan poucas cousas as persoas que coñeceu alí. A escola faise ao aire libre, o transporte en vellos vehículos por carreteras pero tamén corredoiras, ainda hai pontes e estruturas derruidas polo furacán Mitch...
Unha das cousas que destacou Miriam é o interese do goberno local en que as mulleres non teñan voz e non sempre miran con bos ollos as reunións e as asociacións entre as féminas.
























Todos sabemos que as grandes empresas buscan man de obra barata en países do Terceiro Mundo e que pensan antes nos beneficios económicos propios que no mal que se lle pode facer á poboación deses países como a contaminación a causa dos residuos debidos á producción industrial. Para tentar de dar ás persoas un medio de vida que respete o seu entorno e non estea baseado na explotación creouse o comercio xusto.
En Galicia hai actualmente tres tendas de Comercio xusto, unha delas en Pontevedra (nas Galerías da Oliva), outra en Ourense e a terceira en A Coruña. Nestas tendas podedes atopar productos alimenticios, xoguetes, libros que non atoparedes noutros sitios e que poden ser un agasallo diferente.
Si queredes mais información sobre esta ONGD non tendes mais que pinchar en Solidariedade Internacional deGalicia.

"Aquel no era yo"




TRAILER Aquel no era yo from quieneslala on Vimeo.



A curtametraxe 'Aquel no era yo', escrito e dirixido por Esteban Crespo, conta a historia de Paula e Kaney, dúas personaxes -un neno africano e unha muller española- que poderían non ter nada en común, pero que chegarán a unir as súas vidas irremediablemente a través dun disparo. Un disparo que dá vida.

Esta curtametraxe foi estreada días atrás con motivo da celebración que hoxe se fai do DÍA MUNDIAL CONTRA A UTILIZACIÓN DE NENOS E NENAS SOLDADO. Trátase dun envento organizado polas ONG españolas: Fundación El Compromiso, Amnistía Internacional, Save The Children, Entreculturas, Alboan, etc.