Amosando publicacións coa etiqueta activismo. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta activismo. Amosar todas as publicacións

Conferencia de Ahmed Ali, fotorreporteiro exipcio exiliado


Ahmed Ali, acompañado dun tradutor, veu falarnos da realidade do seu país no que a palabra liberdade non existe tal e como a entendemos porque o réxime militar controla todo.

Tras o seu paso polo cárcere no que foi torturado e retido nunhas condicións infrahumanas e condenado a unha pena de 25 anos de cárcere por ilustrar coas súas fotos as protestas e manifestacións dos cidadáns, tivo que fuxir do seu país e actualmente está acollido en España por Amnistía Internacional dentro do programa de Protección Temporal para Defensores.

Ahmed Ali é membro do Movemento 6 de abril (data na que se fixo unha chamada a través das redes sociais para facer unha xornada de paro e de protestas sociais en solidaridade cos traballadores téxtiles da cidade de Mahalla al Kubra no Delta do Nilo) e testemuña da represión exercida polo réxime de Abdel Fattah al-Sisi contra a poboación exipcia pero sobre todo contra os mozos, os defensores dos dereitos humanos e os xornalistas.

No 2011 a xente de varios países árabes do norte de Africa e de Oriente medio saíu á rúa para pedir reformas e conseguiu derrocar algúns dirixentes como o exipcio Hosni Mubarak chegando a crer que as cousas ían cambiar pero o certo é que a poboación segue a sufrir a represión dos gobernos e como no caso de Ahmed o feito de querer mostrar a realidade ou non comungar coas ideas do réxime fai que sexa etiquetado de terrorista.


O relato de Ahmed Ali foi seguido con moita atención polos asistentes suscitando preguntas ao final da charla.

CHARLA DE MIRIAM RIAL SOBRE A SÚA EXPERIENCIA COMO COLABORADORA DUNHA ONGD

Como pasa o tempo e como se van facendo maiores os nosos alumnos e alumnas buscando o seu lugar e o seu camiño na vida. Hai uns días unha exalumna do centro, Miriam Rial Alonso, veu falar da súa experiencia como colaboradora da ONGD Solidariedade Internacional de Galicia ao alumnado de 3º ESO.
Esta ONGD promove e participa en Proxectos de cooperación internacional, axuda humanitaria e de emerxencia, educación para o desenvolvemento e sensibilización e    comercio xusto entre outros.
Miriam entrou en contacto con esta ONGD na Universidade de Santiago onde estudou Socioloxía. Ao rematar os seus estudos marchou a Nicaragua onde viviu experiencias que como ela mesma di lle cambiaron a maneira de ver as cousas.
Quizais o que mais lle chamou a atención é o felices que poden ser con tan poucas cousas as persoas que coñeceu alí. A escola faise ao aire libre, o transporte en vellos vehículos por carreteras pero tamén corredoiras, ainda hai pontes e estruturas derruidas polo furacán Mitch...
Unha das cousas que destacou Miriam é o interese do goberno local en que as mulleres non teñan voz e non sempre miran con bos ollos as reunións e as asociacións entre as féminas.
























Todos sabemos que as grandes empresas buscan man de obra barata en países do Terceiro Mundo e que pensan antes nos beneficios económicos propios que no mal que se lle pode facer á poboación deses países como a contaminación a causa dos residuos debidos á producción industrial. Para tentar de dar ás persoas un medio de vida que respete o seu entorno e non estea baseado na explotación creouse o comercio xusto.
En Galicia hai actualmente tres tendas de Comercio xusto, unha delas en Pontevedra (nas Galerías da Oliva), outra en Ourense e a terceira en A Coruña. Nestas tendas podedes atopar productos alimenticios, xoguetes, libros que non atoparedes noutros sitios e que poden ser un agasallo diferente.
Si queredes mais información sobre esta ONGD non tendes mais que pinchar en Solidariedade Internacional deGalicia.

Campaña COMO CHO DIGO

Esta campaña realizada pola Coordinadora de Traballadores pola Normalización Lingüística (CTNL) reinvindica a visibilización do galego nos medios de comunicación, en particular naquelas entrevistas que se traducen ó castelán reiteradamente por estes medios na escrita.

 

Nesta campaña recóllense os testemuños de persoas de moi distintas profesións: xuíces, actores, escritores, controladores aéreos, cantantes, adestradores de fútbol, editores e persoas doutros sectores da nosa sociedade, que mostran o seu descontento por esta actitude continuada dos nosos medios de comunicación escrita.

Folga

O noso estudantado foi o protagonista dunha xornada de folga o pasado 18 de outubro, nunha semana que comezou coa folga dos días 16 e 17. Debemos salientar a actitude do noso alumnado que non quedou na casa, senón que acudiu ó centro e estivo toda a mañá organizando actos de protesta. Eles mesmos avisaron os medios de comunicación e fixeron as pancartas coas que se manifestaron diante da porta do centro.
 


Aquí tedes un enlace da noticia publicada polo Faro de Vigo.

"Vou rematar a escola"



Campaña da Organización de Estados Iberoamericanos para a Educación, a Ciencia e a Cultura (OEI) e a Obra Social Caixa Madrid para motivar os rapaces sobre o valor dos estudos, protagonizada pola actriz María León e o cantante Macaco.

DOCUMENTAL: Reflexións sobre a lingua hoxe.



Interesante documental de Xosé Bocixa, no que se reflexiona sobre o momento que está a vivir a lingua galega hoxe a través dos testemuños  de 10 persoeiros galegos: Lois Diéguez, Xurxo Souto, F. Xosé Fernández Naval, Antía Otero, X. R. Freixeiro Mato, Dores Tembrás, Estíbaliz Espinosa, Pilar Pallarés, Ánxeles Penas e Marcelino Fernández Mallo.