Ahmed Ali, acompañado dun tradutor, veu falarnos da realidade do seu país no que a palabra liberdade non existe tal e como a entendemos porque o réxime militar controla todo.
Tras o seu paso polo cárcere no que foi torturado e retido nunhas condicións infrahumanas e condenado a unha pena de 25 anos de cárcere por ilustrar coas súas fotos as protestas e manifestacións dos cidadáns, tivo que fuxir do seu país e actualmente está acollido en España por Amnistía Internacional dentro do programa de Protección Temporal para Defensores.
Ahmed Ali é membro do Movemento 6 de abril (data na que se fixo unha chamada a través das redes sociais para facer unha xornada de paro e de protestas sociais en solidaridade cos traballadores téxtiles da cidade de Mahalla al Kubra no Delta do Nilo) e testemuña da represión exercida polo réxime de Abdel Fattah al-Sisi contra a poboación exipcia pero sobre todo contra os mozos, os defensores dos dereitos humanos e os xornalistas.
No 2011 a xente de varios países árabes do norte de Africa e de Oriente medio saíu á rúa para pedir reformas e conseguiu derrocar algúns dirixentes como o exipcio Hosni Mubarak chegando a crer que as cousas ían cambiar pero o certo é que a poboación segue a sufrir a represión dos gobernos e como no caso de Ahmed o feito de querer mostrar a realidade ou non comungar coas ideas do réxime fai que sexa etiquetado de terrorista.
O relato de Ahmed Ali foi seguido con moita atención polos asistentes suscitando preguntas ao final da charla.
Ningún comentario:
Publicar un comentario