Como pasa o tempo e
como se van facendo maiores os nosos alumnos e alumnas buscando o seu lugar e o
seu camiño na vida. Hai uns días unha exalumna do centro, Miriam Rial Alonso, veu falar da súa experiencia como colaboradora
da ONGD Solidariedade Internacional de
Galicia ao alumnado de 3º ESO.
Esta ONGD promove e
participa en Proxectos de cooperación internacional, axuda humanitaria e de emerxencia,
educación para o desenvolvemento e sensibilización e comercio xusto entre outros.
Miriam entrou en
contacto con esta ONGD na Universidade de Santiago onde estudou Socioloxía. Ao
rematar os seus estudos marchou a Nicaragua onde viviu experiencias que como
ela mesma di lle cambiaron a maneira de ver as cousas.
Quizais o que mais
lle chamou a atención é o felices que poden ser con tan poucas cousas as
persoas que coñeceu alí. A escola faise ao aire libre, o transporte en vellos
vehículos por carreteras pero tamén corredoiras, ainda hai pontes e estruturas
derruidas polo furacán Mitch...
Unha das cousas que
destacou Miriam é o interese do goberno local en que as mulleres non teñan voz
e non sempre miran con bos ollos as reunións e as asociacións entre as féminas.
Todos sabemos que
as grandes empresas buscan man de obra barata en países do Terceiro Mundo e que
pensan antes nos beneficios económicos propios que no mal que se lle pode facer
á poboación deses países como a contaminación a causa dos residuos debidos á
producción industrial. Para tentar de dar ás persoas un medio de vida que respete
o seu entorno e non estea baseado na explotación creouse o comercio xusto.
En Galicia hai
actualmente tres tendas de Comercio
xusto, unha delas en Pontevedra (nas Galerías da Oliva), outra en Ourense e
a terceira en A Coruña. Nestas tendas podedes atopar productos alimenticios,
xoguetes, libros que non atoparedes noutros sitios e que poden ser un agasallo
diferente.
Si queredes mais información sobre esta ONGD non tendes mais que pinchar
en Solidariedade Internacional deGalicia.
Ningún comentario:
Publicar un comentario