Amosando publicacións coa etiqueta COMPROMISO. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta COMPROMISO. Amosar todas as publicacións

MÚSICA, CANCIÓNS ... PARA UN TEMPO DE LOBOS, DE GUERRA: AMOR

Joni Mitchell: A Case of You
letra da canción en inglés
sempre é unha delicia escoitala
fai poucos días os xornais daban a triste nova... unha xove  moitos xoves e maiores  puxéronse a escoitar esta canción en París e no resto do planeta... quédate sempre "meteco"... In Memoriam


Bob Dylan: The girl from the north country

letra en inglés e castelán
unha canción de amor linda

LULAVAI EN VIVEIRO

"Haurtxo polita sehaskan dago, zapi xuritan txit bero.
Amonak dio: ene potxolo, arren egin ba, lo, lo.
Txakur haundia etorriko da zuk ez badeza egiten lo;
horregatik, ba, ene potxolo, egin aguro lo, lo, lo.." ?
escóitase tamén en galego no CD, atentos!

LULAVAI: CorDas Verbas

que ben soan estas arpas celtas!

Nena Daconte: Sólo Muerdo por Ti



outra  preciosa nana para un tempo de lobos...
E.Rey

A VENDA DE GALICIA


Unha vez máis, e aínda que non sexa de "Cantares Gallegos", este ano teremos que berrar con Rosalía.
Como a esperanza é o último que se perde, agardamos non ter que tomar "a xustiza pola man"
Xuíces valentes hainos, e demostrano cada día.
-Unha pregunta: ¿quedaránnos curtiñas para morar cando se vaían co botín acadado despois de desventrar e envelenar  a terra?


"A xustiza pola man" - Rosalia de Castro

Aqués que tén fama de honrados na vila,
Roubáronme tanta brancura que eu tiña;
Botáronme estrume nas galas dun día,
A roupa decote puñéronma en tiras.
Nin pedra deixaron, en donde eu vivira;
Sin lar, sin abrigo, morei nas curtiñas;
Ó raso cas lebres dormín nas campías;
Meus fillos..., ¡meus anxos!..., que tanto eu quería,
¡Morreron, morreron, ca fame que tiñan!
Quedei deshonrada, mucháronme a vida,
Fixéronme un leito de toxos e silvas;
I en tanto, os raposos de sangre maldita
Tranquilos nun leito de rosas dormían.
-Salvademe ¡ou, xueces!, berrei..., ¡tolería!
De min se mofaron, vendeume a xusticia.
- Bon Dios, axudaime, berrei, berrei inda...
Tan alto que estaba, bon Dios non me oíra.
Estonces cal loba doente ou ferida,
Dun salto con rabia pillei a fouciña,
Rondei paseniño...¡Ne-as herbas sentía!
I a lúa escondiase, y a fera dormía
Cos seus compañeiros en cama mullida.
Mireinos con calma, i as mans estendidas,
Dun golpe, ¡dun soio!, deixeinos sin vida.
I ó lado, contenta, senteime das vítimas,
Tranquila, esperando pola alba do día.
I estonces... estonces, cumpreuse a xustiza:
Eu, neles; i as leises, na man que os ferira.
(Do libro Follas Novas de Rosalía de Castro)


De todo: música, librerías e blogues estupendos, cine, televisión

1)
Música
Lidia Pujol, Dulce Pontes, Mayte Martín
 

2)
Librerías. Blogues
 Proseguimos neste outono que comezamos dedicados ao amor. Agora vos presentamos tamén, con amor, unha librería e o seu blogue
(Madrid)

Entra, consulta todas as súas seccións. En "tengan cuidado ahí fuera" encontramos poemas, libros...,que sempre nos deixan ver o mundo tal como é en cada intre: Utopía (novela) e un poema de Lope de Vega en Una historia de amor para toda la vida; Gil de Biedma  e José Hierro en Buenos tiempos para la lírica... Se a podes visitar, atenderante moi ben

... e con máis amor, outra librería: Librería Metáfora
(Pontevedra)
Pequena pero selecta. Comeza. Fala co seu libreiro
3)
Cine
"unha fermosa película:
de Fernando Trueba
4)
Televisión
máis amor:
Xornadas da ELP na Coruña: "Un nuevo amor", en V Televisión: 
 El amor en el s. XXI, Entrevista de Fernanda Tabarés a Manuel Fernández Blanco. Moi interesante.