Amosando publicacións coa etiqueta ECOLOXÍA. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta ECOLOXÍA. Amosar todas as publicacións

CHARLA SOBRE O PRESTIGE


O pasado día 13 de novembro cumplíronse 20 anos do afundimento do “Prestige” a poucos kilómetros da costa galega. Puido evitarse este naufragio? que decisións erróneas se tomaron? cales foron as consecuencias? Son algunhas das cuestións que se abordaron nesta interesante charla, o día 20/01/2023 que impartiu o noso compañeiro Xaquín Rodríguez Pomares ao alumnado de 4º ESO e 1º de Bacharelato.

Moitas grazas!

Climetraxes. 1º da ESO.

 

Estes son dous dos catorce vídeos feitos polo alumnado de Xeografía e Historia de 1º da ESO que participa no concurso Clipmetraxes de Manos Unidas.
O alumndo de 1º da ESO xunto cos seus profesores Patricia Díaz e Marcos Chaves están levando a cabo unha experiencia sobre medio ambiente, reciclaxe e ecoloxismo.
Noraboa pola vosa iniciativa e traballo. 


A VENDA DE GALICIA


Unha vez máis, e aínda que non sexa de "Cantares Gallegos", este ano teremos que berrar con Rosalía.
Como a esperanza é o último que se perde, agardamos non ter que tomar "a xustiza pola man"
Xuíces valentes hainos, e demostrano cada día.
-Unha pregunta: ¿quedaránnos curtiñas para morar cando se vaían co botín acadado despois de desventrar e envelenar  a terra?


"A xustiza pola man" - Rosalia de Castro

Aqués que tén fama de honrados na vila,
Roubáronme tanta brancura que eu tiña;
Botáronme estrume nas galas dun día,
A roupa decote puñéronma en tiras.
Nin pedra deixaron, en donde eu vivira;
Sin lar, sin abrigo, morei nas curtiñas;
Ó raso cas lebres dormín nas campías;
Meus fillos..., ¡meus anxos!..., que tanto eu quería,
¡Morreron, morreron, ca fame que tiñan!
Quedei deshonrada, mucháronme a vida,
Fixéronme un leito de toxos e silvas;
I en tanto, os raposos de sangre maldita
Tranquilos nun leito de rosas dormían.
-Salvademe ¡ou, xueces!, berrei..., ¡tolería!
De min se mofaron, vendeume a xusticia.
- Bon Dios, axudaime, berrei, berrei inda...
Tan alto que estaba, bon Dios non me oíra.
Estonces cal loba doente ou ferida,
Dun salto con rabia pillei a fouciña,
Rondei paseniño...¡Ne-as herbas sentía!
I a lúa escondiase, y a fera dormía
Cos seus compañeiros en cama mullida.
Mireinos con calma, i as mans estendidas,
Dun golpe, ¡dun soio!, deixeinos sin vida.
I ó lado, contenta, senteime das vítimas,
Tranquila, esperando pola alba do día.
I estonces... estonces, cumpreuse a xustiza:
Eu, neles; i as leises, na man que os ferira.
(Do libro Follas Novas de Rosalía de Castro)