Tamara
Andrés (Combarro, 1992) é graduada en Tradución e Interpretación e titulada no
Máster en Estudos
Teóricos e Comparados da Literatura e da Cultura e no Máster para o
Profesorado. Na actualidade
exerce como docente de linguas, tradutora e intérprete e realiza a súa tese
sobre poesía e tradución na
Universidade de Vigo.
En 2015
publicou a novela Amentalista e gañou o
Concurso de Poesía O Facho co poemario Nenæspiraes, que foi
editado posteriormente baixo o selo Medulia. A finais de 2017 publicou Corpo de
Antiochia coa
editorial Galaxia. Textos seus foron premiados en diversos certames e publicados
en obras colectivas, como na antoloxía. No seu
despregar (Apiario).
Alén de
poñer en práctica a dimensión sonora e corporal do texto e de participar en
proxectos escénicos e
audiovisuais, realiza obradoiros poéticos e de animación lectora e dirixe e
cordina diversos
eventos literarios
Tamara Andrés visitou o IES de Vilalonga este mércores (30/05/18) para levar a cabo un obradoiro de creación poética no segundo curso de ESO. A escritora estivo dúas sesións con cada un dos grupos para achegalos á poesía e guialos na creación de textos.
A actividade, promovida polo EDLG coa colaboración
da Biblioteca e o Departamento de Lingua Galega, tivo moi boa acollida entre
alumnos e alumnas e pareceulles moi interesante e
entretida.
Ningún comentario:
Publicar un comentario