VISITAMOS PADRÓN
O alumnado de 1º e 2º de ESO puxo fin ás actividades do Club de Lectura
achegándose a Padrón.
A andaina comezou polo Paseo do
Espolón e o centro da vila ata chegar á Casa museo de Rosalía, que visitaron
despois dun pequeno descanso no xardín. Xa de volta, repuxeron forzas con xogos
e un xeado no xardín botánico.
Unha mañá para compensar os
recreos perdidos ó longo do curso.
Ningún comentario:
Publicar un comentario