O pasado venres, 1 de xuño, alumnos e alumnas de Relixión de
1º, 2º e 3º de ESO fomos de viaxe coa
profesora Ana, acompañados tamén por Carmen e Isabel.
Visitamos o Castelo de Pambre, en Palas de Rei (Lugo).
Lembramos a Idade Media en Galicia e
disfrutamos da construcción e da paisaxe subindo ás torres.
Logo achegámonos á igrexa de Vilar de Donas, tamén en Palas
de Rei. Sorprendémonos coa arte románica e gótica que conserva esta igrexa, coa
súa historia de donas e cabaleiros relixiosos, vinculada ao Camiño Francés de
Santiago. Ben se nota isto, pois atopámonos con bastantes peregrinos.
Por último, collemos rumbo cara a Cabrui (Mesía), á casa da
asociación solidaria “Raíña” onde, como outras veces, nos agardaba o cura
Víctor para falarnos de perseguir soños que dean sentido á nosa vida. Unha
veciña ensinounos a facer queixo co leite das vacas que por alí andan. E asamos
chourizos para a merenda, con moi boa man.
Voltamos ao instituto pola tarde, cansos e contentos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario