Debuxando ao aire libre

O 21 de xuño de 2018 o profesor de Plásica Eduardo Pérez Baamonde fixo co alumnado de 4º da ESO unha xornada de saída as Telleiras de Dena para debuxar do natural.
Consistíu na práctica de debuxo e pintura in situ, empregando a técnica da acuarela. Pretendíase a captación dos valores lumínicos e matices cromáticos mediante bosquexos rápidos cos que desenvolver a frescura e a inmediatez propias da acuarela.

Ningún comentario:

Publicar un comentario