Acto de graduación de 2º de bacharelato

O pasado venres, 25 de maio, celebrouse o acto de graduación do alumnado de 2º de bacharelato. A organización do evento correu exclusivamente a cargo deles, o que os honra enormemente, porque organizaron o evento nun tempo récord e deixáronnos un estupendo sabor de boca a todos os que alí compartimos esta tarde con eles. 

Os condutores do acto foron Noemí López e Roberto Trigo. Pero foi froito dunha colaboración conxunta dunha meirande parte do alumnado, como Nerea Cacabelos, Ana Fernández, Aarón Ortigueira, Sara Pazos, Alba Fernández e Sara Pazos, que abriron o acto lendo textos escritos por Cecilia Rodiño nos que resumían as súas experiencias nas aulas. Sen esquecer que Víctor Bouzada e Borja Caneda estaban detrás das cámaras manexando o ordenador e dando entrada ós audios.

Houbo momentos estelares coas súas actuacións en directo, como a de Yaiza López e Sara Pombo interpretando a canción "Jueves" da Oreja de Van Gogh acompañadas de Martina Basdediós ó piano.  Outros máis intimistas como a canción que Tomás Uhía lle dedicou á profesora Mercedes Mora acompañado na guitarra de Rómel Leiro. Actuacións que foron pura celebración da festa como a de "Hoy va a ser mi gran noche" de Raphael recreada por Miriam, Aarón, Diego, Miguel e  Lúa. Tamén amenizaron o serán as pianistas Cecilia Rodiño e Martina.  


Tampouco faltaron os zascas para o profesorado a través de vídeos dedicados ás profesoras de lingua galega, lingua castelá e ó profesor de historia.

Grazas rapazada, foi todo un éxito!

Ningún comentario:

Publicar un comentario