Entre-culturas: Campaña mundial pola educación.



O pasado xoves, 3 de maio DO 2018, 42 alumnos e tres profesoras do IES de Vilalonga fomos a Santiago a participar no acto central da SAME(Semana de Acción Mundial pola Educación),xunto con outros colexios e institutos de Galicia.


Primeiro, nun auditorio, expuxemos, cada centro, as nosas conclusións do traballado e aprendido acerca do dereito á educación e de como hai lugares do mundo e situacións que dificultan que miles de rapazas e rapaces accedan a ese dereito: pobreza, guerra, inxustiza, catástrofes naturais... Fixémolo con vídeos, pequenas representación teatrais,música, xogos... Logo fomos todos xuntos en marcha cara á Praza da Quintana, coreando lemas como "A educación é o camiño para a paz" " A educación é a solución" e " Deixa a túa pegada pola Educación". 

Nestas fotos e vídeos podedes vernos coa pancarta e as pegadas que levamos desde o instituto. Na Quintana esperáronnos os políticos que nos representan en cuestión de educación e cooperación, aos cales
expuxemos preguntas e peticións para unha contribución verdadeira a
que a educación chegue a todos, para que os países se desenvolvan e o fagan en paz.




Podedes ver uns vídeos da mesma nestes enlaces:
https://youtu.be/OOj_CjqroiA

Ningún comentario:

Publicar un comentario