Hoxe é o aniversario do nacemento de Rosalía de Castro. Esta autora, nada en 1837 será a voz que poña de novo o galego na historia da literatura mundial, calquera dos seus versos poden testemuñar esta afirmación sen ningún xénero de dúbidas:
Daquelas que cantan ás pombas i as frores, Todos din que teñen alma de muller
Pois eu que n´as canto, Virxe da Paloma,
¡Ai!, ¿de qué a terei? (...)
Das múltiples homenaxes que circulan polas redes sociais hoxe, unha delas é a de facerse unha autofoto con algunha iconografía de Rosalía e publicala no twitter co #euRosalía.
Ningún comentario:
Publicar un comentario