FÍSICA NUCLEAR: DO CORAZÓN DA MATERIA AO INTERIOR DAS ESTRELAS





O pasado venres 24 de xaneiro recibimos no noso instituto a investigadora Beatriz Fernández-Domínguez, que se adica ó campo da física nuclear na Universidade de Santiago de Compostela. Nesta área a investigación céntrase no estudo das interaccións que manteñen unidos aos protóns e neutróns no núcleo, a chamada interacción nuclear forte. Para isto realizan experimentos moi complexos en aceleradores de partículas, en concreto no acelerador ISOLDE situado no CERN, preto do famoso LHC. 

A charla, á que acudiron os alumnos de 1º e 2º de Bacharelato, foi densa pero moi amena e didáctica. Os alumnos tiveron a oportunidade de recibir una clase acerca das partículas que forman parte dos átomos e as interaccións entre elas. Ó final da charla puideron realizar numerosas preguntas tanto sobre o tema da charla como sobre a traxectoria da investigadora e a súa vocación, un tema ó que algúns xa lle están dando voltas, preocupados polo seu futuro. E ademais puidemos coñecer de primeira man como están afectando os recortes en investigación á actividade neste campo.

Despois da charla, un grupo de alumnos de 1º A de Bacharelato quedouse falando con Beatriz, que respondeu a moitísimas máis preguntas que lles quedaron no tinteiro, e que neste ambiente mais relaxado xurdiron durante case unha hora máis.

Foi todo un pracer recibir esta charla, non só pola temática senón tamén polo interesante que foi coñecer a unha investigadora como Beatriz, que esperamos teña moita sorte cos seus próximos experimentos.