HENNING MANKELL o xenio da novela negra, é un dos meus escritores preferidos, pola súa prosa sen artificios que crea atmosferas cheas de misterio e intriga e que evoca contextos históricos e culturais que incitan ao lector a unha reflexión crítica do que non pode nin debe ser. Os seus libros gustáronme desde o primeiro momento porque me permitiron viaxar a Sudáfrica, Estonia, China, etc. Descubrindo mundos lonxanos con historias semellantes, persoas diferentes coas mesmas inquietudes, pobos olvidados cos mesmos desexos...
A semana pasada entereime que está enfermo, invadiume a tristeza, pois sintoo próximo a través das súas obras.
Henning esperamos, todos os teus lectores, que te mellores.
Que poidas escribir máis, para facernos disfrutar coas túas lecturas máxicas!
Que os fados che permitan un "tempo máis" o escoitar os desexos dos teus lectores
Este mundo cheo de maldade e intereses necesítate, a ti, e a máis xente coma ti.
Ningún comentario:
Publicar un comentario