CINE: Clásicos para non esquecer. ENTROIDO 2015

BOUDU salvado das augas, 1932. Jean Renoir
Bonita fábula, excelente director e gran interpretación. Este vagabundo non quere vivir na súa sociedade, e logo tampouco se vai deixar integrar...

L'ATALANTE, 1934. Jean Vigo
Unha das grandes películas do cine clásico. Unha historia de amor e vida perfectamente contada: sinxela, emotiva e fermosa...

LAURA, 1944. Otto Preminger
Cine negro americano. Marabillosa Gene Tierney

OS INÚTILES, 1953. Federico Fellini
Por que non queren traballar estes cinco mozos?
"Unha reflexión sobre a existencia"

BANDA APARTE, 1964. Jean-Luc Godard
Estes rapaces franceses dos anos sesenta xogan a ser personaxes de cine negro americano entre o barrio de Clichy (do vello París) e o (máis periférico) de Joinville-le-Pont. Poucos recursos lle foron suficientes a Godard para facer esta linda película: boa fotografía e a interpretación de Anna Karina. Quen nos dera bailar este marabilloso solo de claqué cando retornabamos polas noites de verán ao camping de Joinville, pola orela do Marne...!

O DESERTO VERMELLO, 1964. Michelangelo Antonioni
Por un deserto da era industrial con Antonioni e Mónica Vitti. Anodinas vivencias, poderosas imaxes.

RAQUEL, RAQUEL, 1968. Paul Newman
Como esquecer esta película que tantos e tantas vimos na primeira xuventude? Falábanos directamente ao corazón: a súa rabia era a nosa, os seus medos e os seus soños tamén, a liberdade  era o ben máis preciado... Moi ben por Joanne Woodward e Paul Newman, que non só foron fermosos...!
Rb.

Ningún comentario:

Publicar un comentario