Amosando publicacións coa etiqueta 2ºde BACH. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta 2ºde BACH. Amosar todas as publicacións

"O Billar dos prexuízos lingüísticos"



Os alumnos de 2º de bacharelato B: Alfonso Bea, Pablo Lorenzo, Javier Otero e Alberto R. Torres realizaron este vídeo no primeiro trimestre sobre os prexuízos lingüísticos que afectan á lingua galega para a materia de lingua e literatura galega. 

Esperamos que vos guste. 

Parámetros de ponderación ABAU.

Esta ligazón é INFORMACIÓN IMPRESCINDIBLE para o alumnado de 2º de BAC.

PARÁMETROS DE PONDERACIÓN DE MATERIAS DE OPCIÓN E TRONCAIS DE MODALIDADE DA PROBA DE AVALIACIÓN DE BACHARELATO PARA O ACCESO ÁS ENSINANZAS UNIVERSITARIAS OFICIAIS DE GRAO DO SISTEMA UNIVERSITARIO DE GALICIA - Curso 2017 – 2018.

Aviso selectividade 2017




ATENCIÓN AO ALUMNADO DE 2º DE BACHARELATO!


Saíron os parámetros de ponderación das probas de selectividade 2017, na páxina web da CIUGA (Comisión Interuniversitaria de Galicia) podedes encontrar toda a información que precisades en canto á matrícula, exames, notas de corte, etc. Tamén acaban de saír  os parámetros de ponderación das materias voluntarias. Aquí vos deixo a ligazón coa páxina da CIUGA:

ALUMNADO DE CIENCIAS E DE ARTES EN SANTIAGO


O día 24 de abril, o alumnado de 2º de bacharelato de Arte e de Física e Química realizou unha visita a Santiago para achegarse a Catedral e o seu entorno e o CHUS  (Hospital Clínico Universitario de Galicia) onde visitaron a FGMX o CEGEN e o IDIS , respectivamente. O grupo de ciencias pola tarde visitou o Museo de Historia Natural Luís Iglesias. O vídeo e un resume gráfico da visita do grupo de ciencias e abaixo tedes a unidade didáctica elaborada pola profesora Mercedes Mora para o alumnado de arte.


                                                                     Música: Muse "The 2nd Law: Isolated System"

CRÓNICA DE Alba Gándara e Daniel Conde de 2º de bacharelato A

O pasado venres 24 de abril, visitamos o Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela (CHUS), onde se atopa o Centro Nacional de Xenotipado. Con motivo do Día do ADN (25 de abril), recibimos unha charla de enxeñería xenética, en relación coas PCR (reaccións en cadea da polimerasa), as cales permiten realizar unha amplificación do ADN co fin se estudar o Xenoma Humano (conxunto dos xenes dunha especie) e o proteoma (conxunto das proteínas que se expresan nunha célula nun determinado momento e condicións), co obxectivo de crear unha medicina máis eficaz e personalizada, pois o ADN permítenos coñecer como poden ser as determinadas reaccións de cada individuo a un medicamento. Puidemos observar distintas formas de traballar con ADN dependendo da súa finalidade, cun equipamento de prezos desorbitados, polo que os laboratorios precisan unha importante financiación.
Explicáronnos tamén a importancia deste Complexo Hospitalario, onde traballan en distintas ramas da medicina punteiras no noso país. Faláronnos das actuais ramas de investigación contra enfermidades como o cancro ou os ictus cerebrais. Por outra banda,  o centro emprega animais para experimentar, o que provocou a recepción de críticas de certo sector da sociedade. Tamén nos explicaron a importancia de atoparse situados ao carón dun hospital, pois así é posible a investigación conxunta, tendo así os investigadores a oportunidade de traballar co que se atopan os doutores día a día. Aquí traballan persoas recoñecidas mundialmente, como o experto en xenética molecular Ánxel Carracedo.
 Despois dun paseo polo zona antiga da cidade de Santiago, visitamos o Museo de Historia Natural Luís Iglesias, onde puidemos observar unha magnífica colección de animais disecados, minerais de todos os confíns do planeta e rochas que nos visitan desde o espazo.
Este centro ten a súa orixe no século XIX. O seu primeiro director foi Antonio Casares. Con diversas compras de coleccións e de exemplares foise incrementando o seu patrimonio durante este século.
A comezos do século XX atopábase ocupando dúas plantas da actual facultade de Xeografía e Historia, para ser trasladado no 1961 á actual facultade de Química.
Hoxe en día atópase no parque de Vista Alegre. Este museo constitúe o conxunto de patrimonio histórico-científico máis importante de Galicia, pois entre o material que alberga destacan os traballos de investigación dos máis importantes científicos galegos desde o século XIX. 
Sen dúbida un día entretido e moi produtivo, polo que convidamos aos nosos mestres a que nos volvan levar de excursión cando o desexen.

Alumna premiada coa publicación do seu lema.


"QUE NOS DÍAS DE FESTA ESPERTEMOS CO SON DAS GAITAS"


Este é o lema co que a nosa alumna, María José Bouzada, de 2º de bacharelato foi premiada en Reserva Natural das cousas boas da empresa Larsa.

Os nosos parabéns á súa creatividade e ó acerto desta iniciativa, que a converte en protagonista dos cartóns de leite que nos levamos á casa.